Joaquim Ventura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Joaquim Ventura Ruiz, nado en Barcelona o 7 de xullo de 1954, é escritor en catalán e en galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Actualmente reside en Premià de Mar (Barcelona). Licenciado en Filoloxías Galega e Portuguesa pola Universitat de Barcelona 1993 e doutor en Filoloxía Románica pola mesma universidade 1997, coa tese El Grup Nós i la cultura europea: autoretrat duna generació, que obtivo a calificación de apto cum laude por unanimidade. Gañou o Premio Letras Galegas da Universidade de Santiago de Compostela nas edicións de 1992 e 1993.

Alén de poeta en catalán (Premi Universitat de Barcelona, 1992; Premi Philologi, 1993), en galego colabora en prensa como columnista de opinión (Galicia Hoxe) e como crítico literario en diversas publicacións, entre elas Faro de Vigo. Foi finalista do Premio Nacional da Crítica.

Alén de investigador da literatura galega tanto da súa época medieval como da contemporánea, con máis de trinta traballos, tamén é tradutor ao catalán de autores galegos como Eduardo Blanco Amor, Ramón Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro e Fermín Bouza-Brey. Colaborou no proxecto da Enciclopedia Galega de Hércules Edicións co capítulo da narrativa entre 1916 e 1936.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Edición[editar | editar a fonte]

Obra colectiva[editar | editar a fonte]

  • A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
  • En defensa do poleiro, 2010, Toxosoutos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]