Iván Mazepa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retrato de Iván Mazepa

Iván Stepanovich Mazepa (en ucraíno Іван Степанович Мазепа), nado o 20 de marzo de 1639 e finado o 2 de outubro de 1709, foi un hetman cosaco do Hetmanato da beira esquerda de Ucraína entre 1687 e 1708. Tivo un importante papel na batalla de Poltava, ao desertar do lado do tsar Pedro I, ao coñecer as intencións deste de substituílo por Alexandre Menxikov, e pasarse ás tropas do rei Carlos XII de Suecia. Por este motivo a Igrexa Ortodoxa Rusa lanzou un anatema contra del e ao longo da historia de Rusia e da Unión Soviética simbolizou o arquetipo da traizón, pola contra os nacionalistas ucraínos considerárono un heroe nacional e desde a independencia de Ucraína rehabilitouse a súa figura, saíndo a súa efixie nos billetes ucraínos.

Billete de 10 hryvinia coa efixie de Mazepa