Miss Ledyia
Miss Ledyia | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Xosé Gil y Gil |
Guión | Rafael López de Haro |
Intérpretes | Fefa Sandoval Marina Fonseca Petra Gaztambide Lola Quiñones Castelao Margarita Berbén |
Estrea | 1916 |
Duración | 20 minutos |
Orixe | Galicia |
Na rede | |
Miss Ledyia ou Miss Ledya é o primeiro filme de ficción galego que se coñece, rodado en 1916. Foi dirixido por Xosé Gil y Gil, con guión de Rafael López de Haro, e ten unha duración de 20 minutos.
Argumento
[editar | editar a fonte]A historia, moi influída polos seriais cinematográficos de Louis Feuillade, moi de moda daquela, narra a chegada a Pontevedra de Miss Ledyia Katson e o seu tío millonario dende os Estados Unidos e a súa estadía na Illa da Toxa. Alí coinciden cos reis de Suavia que se encontran de incógnito e que están ameazados pola chegada tamén dun anarquista, que pretende realizar un atentado, nunha clara referencia ao atentado de Saraxevo que desencadeou a primeira guerra mundial.
Características
[editar | editar a fonte]Foi rodada na illa da Toxa, no balneario do río Lérez en Monte Porreiro (Pontevedra), e mais na Caeira e Portosanto (Poio). Estreouse o 3 de marzo de 1916 no Teatro Principal de Pontevedra.
Tan só se conserva unha copia do filme que estivo no Museo de Pontevedra ata 1996 cando llo cedeu á Filmoteca Española. Actualmente está no Centro Galego de Artes da Imaxe, que restaurou a copia.
Intérpretes
[editar | editar a fonte]Os actores, afeccionados, pertencían á burguesía pontevedresa. Aparecen por orde de aparición nos créditos:
- Fefa Sandoval (Miss Ledyia)
- Marina Fonseca (Márgara)
- Petra Gaztambide
- Lola Quiñones
- Margarita Berbén (Miss Katia)
- Clara Sobrino
- Fausto Otero (Rusquin)
- Castelao (pastor protestante)
- Víctor Cervera Mecadillo (Míster Katzon)
- Isidoro Millán
- Félix Rojas
- Manuel Espárrago
- Antonio Blanco Porto (Carlos)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Acuña, X. E.: "Miss Ledya", artigo na revista A Nosa Terra, 21 de novembro de 1986 (p. 18).
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vídeo no CGAI Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine.