Illas Austrais
| Illas Austrais | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
|||||
| Localización | |||||
![]() Localización das illas Austrais ou Tubai |
|||||
| Datos | |||||
| Capital | Tubuai | ||||
| País | Francia | ||||
| Linguas | |||||
| Poboación (2007) | 6.310 hab. | ||||
| Superficie | 148 km² | ||||
| Densidade | 43hab/km² | ||||
| Concellos | |||||
| Coordenadas | 23°0′S 150°0′W / 23°S 150°W | ||||
| Maior Altura | |||||
As illas Austrais (en francés îles Austrais, en tahitiano Tuha´a Pae) é o arquipélago máis meridional da Polinesia francesa, ao sur das illas da Sociedade. Tamén se denominan como illas Tubuai a partir do nome da illa máis grande. O nome de Austrais provén da súa situación ao sur de Tahití a lado e lado do trópico de Capricornio.
Coa excepción dos illotes María, todas as illas son de orixe volcánico, aliñadas sobre un eixo de noroeste a sueste, prolongación das illas Cook meridionais. O arquipélago consta de cinco illas habitadas máis dous grupos de illotes deshabitados nos seus extremos. Xeoloxicamente, a antigüidade das illas vai de noroeste ao sueste. As cinco illas habitadas forman cinco comunas.
De noroeste a sueste, as illas son as sigüientes:
- Illotes María (ou illotes Hull): é un atol deshabitado.
- Rimatara: é a máis pequena das illas habitadas do arquipélago, e unha das últimas illas habitadas descubertas polos europeos na Polinesia.
- Rurutu: historicamente tamén chamada Oheteroa e Hitiroa.
- Tubuai: é a illa máis poboada e o centro administrativo e económico do arquipélago.
- Raivavae: tambiém chamada Vavitu.
- Rapa Iti: «a pequena Rapa», para distinguila de Rapa Nui, «a gran Rapa», nome da illa de Pascua.
- Marotiri (ou illotes de Bass): están deshabitados.
Debido á situación xeográfica, o clima é máis fresco que o habitual na Polinesia. A poboación total é de 6.386 habitantes (censo de 2002).
As illas Austrais fóronse incorporando nos Establecementos Franceses de Oceanía entre 1880 e 1889, como reacción ao protectorado británico das veciñas illas Cook. Hoxe en día forman un distrito administrativo da Polinesia francesa.
