Raivavae
| Raivavae | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Francia |
| Illa principal | Rairua |
| Linguas | |
| Poboación (2007) | 905 hab. |
| Superficie | 16 km² |
| Superficie lagoa | km² |
| Nº de illas | >25 |
| Coordenadas | 23°53′S 147°39′W / 23.883°S 147.65°W |
| Maior Altura | 437 m. Hiro |
| Localización | |
A illa Raivavae, tamén chamada Vavitu, é unha das illas Austrais, na Polinesia Francesa. Está situada no medio do arquipélago, a 195 km ao sueste de Tubuai e a 730 km ao sur de Tahití.
É un antigo volcán que culmina no monte Hiro a 437 m de altitude. A superficie total é de 16 km². Está rodeada dunha lagoa pechada por arrecifes de coral con diversos illotes: Motu Man, Motu Haha, Motu Vaiamanu e Motu Araoo e Motu Haaamu.
Tiña 996 habitantes no censo de 2002. As aldeas principais son: Rairua (a capital da comuna), Mahanatoa, Anatonu e Vaiuru. O principal recurso da illa é o cultivo de café, a pesca na lagoa e a artesanía. Dispón dun aeródromo aberto en 2002.
A illa é rica en xacementos arqueolóxicos polinesios. Foi descuberta polo español Tomás Gayangos en 1775, volvendo da expedición a Tahití organizada polo vicerrei de Perú, o catalán Manuel d'Amat i de Junyent. Bautizouna como Santa Rosa. En 1880 foi anexionada por Francia.