Illotes María
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Illotes María | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Francia |
| Illa principal | |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | Deshabitado |
| Superficie | 1´3 km² |
| Superficie lagoa | 3 km² |
| Nº de illas | Île du Nordêt |
| Coordenadas | 21°48′S 154°42′W / 21.8°S 154.7°W |
| Maior Altura | |
| Localización | |
Os illotes María, ou tamén illas Hull, forman un atol deshabitado das illas Austrais, na Polinesia Francesa. Está situado a 205 km ao noroeste de Rimatara e a 325 km ao leste de Mangaia, unha das illas Cook.
É un atol pequeno formado por catro illotes cunha pouco profunda lagoa triangular. Dous illotes dependen da comuna de Rimatara e os outros dous de Rurutu. É a formación xeolóxica máis antiga das illas Austrais. A superficie total é de 1,3 km²;. Os illotes teñen unha vexetación densa, practicamente endémica.
Foi descuberto polo inglés Hiram Paulding en 1827. Durante un tempo foi utilizado como colonia penal.