Marotiri
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Marotiri | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Francia |
| Illa principal | |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | Deshabitadas |
| Superficie | 0,04 km² |
| Nº de illas | 4 |
| Coordenadas | 27°55′S 143°26′W / 27.917°S 143.433°W |
| Maior Altura | 105 m. |
| Localización | |
Marotiri, ou illotes de Bass, é un grupo de illotes rochosos das illas Austrais, na Polinesia Francesa. Dependen da comuna de Rapa, que se atopa a 75 km ao noroeste.
Está formado por catro illotes e seis rocas en forma de agulla que emerxen dunha plataforma mergullada de 5 km de diámetro e 100 metros de profundidade. En total a superficie emerxida é de 0,04 km²;. A altitude máxima é na roca Meridional, con 105 m. Xeoloxicamente son as illas máis novas das Austrais.
As rochas practicamente non teñen vexetación. É un lugar de pesca abundante.
| Rocha | Superficie (m²) |
|---|---|
| Rocha Norte | 5,800 |
| Rocha Central | 1,800 |
| Rocha Sur | 22,400 |
| Rocha Oeste | 13,100 |
| Marotiri | 43,100 |