Rimatara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rimatara
Vista da illa
Rimatara.JPG
Datos
Capital Amaru
País Francia
Localización Océano Pacífico
Arquipélago Illas Austrais
Linguas
Poboación (2007) 785 hab.
Superficie 8´6 km²
Densidade
Coordenadas 22°40′S 152°48′W / 22.667°S 152.800°W / -22.667; -152.800
Maior Altura 83 m. monte Uhau
Localización
Localización

A illa Rimatara é a máis pequena das illas habitadas das illas Austrais, na Polinesia Francesa. Ten unha superficie total de 8´6 km² e unha poboación de 815 habitantes (censo 2002). Está situada a 550 km ao sur de Tahití e a 150 km ao oeste de Rurutu. A comuna de Rimitara inclúe os illotes María deshabitados.

Trátase dun altiplano volcánico circular de 8 a 10 metros de altitude, cunha altitude máxima de 83 m. no monte Uhau. É moi fértil e boscoso, e está rodeado de corais moi próximos á costa, con tan só un paso navegable, pero non dispón de ningún porto. As aldeas principais son Amaru (a capital), Anapoto e Mutuaura.

Ten unha especie de cotorras que non se poden exportar porque se adaptan moi mal noutras localizacións. Tamén hai moitos patos salvaxes.

Foi unha das últimas illas habitadas descubertas polos europeos na Polinesia, en 1810 por un mercante de Tahití. Foi o pastor William Henry quen desembarcou en 1821 e fundou unha misión protestante. En 1889 estableceuse o protectorado francés e en 1900 anexionouse á colonia dos Establecementos Franceses de Oceanía.

Moza de Rimatara co pareo tradicional, 1887