Rurutu
| Rurutu | |
|---|---|
| Vista da illa | |
![]() |
|
| Datos | |
| Capital | Moerai |
| País | Francia |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | Illas Austrais |
| Linguas | |
| Poboación (2007) | 2.210 hab. |
| Superficie | 32,75 km² |
| Densidade | 63,76 hab./km2 |
| Coordenadas | 22°27′S 151°20′W / 22.450°S 151.333°W |
| Maior Altura | 412 m. Manureva |
| Localización | |
Rurutu é unha das illas Austrais, localizadas na Polinesia Francesa. Está situada a 572 km ao sur de Tahití e a 210 km ao noroeste de Tubuai.
Características[editar]
A superficie total é de 32 km² cunha forma que recorda o continente africano. Ten unha estrutura xeolóxica sen arrecifes nin lagoa que a protexa do océano. A costa é escarpada, con moitas covas con estalactitas e estalagmitas. A altitude máxima é de 398 metros nos montes Manureva e Taatioe.
A poboación total era de 2.189 habitantes no censo de 2002. As aldeas principais son Moerai (a capital da comuna), Hauti e Avera. Desenvolveuse o turismo para observar as baleas que se achegan ata a costa. Durante o ritual Tere, celebrado en xaneiro, pódese asistir á proba da Amoraa oa'i, que consiste en levar unha pedra que pode pesar ata 150 kg. Aínda así a maioría da poboación dedícase á pesca e agricultura de subsistencia.
Historicamente tamén se nomeou Oheteroa e Hitiroa. Os traballos arqueolóxicos permitiron datar a chegada dos polinesios cara ao 900 dC. O primeiro europeo en chegar foi James Cook, en 1769. Para previr a expansión británica desde as illas Cook cara ás Austrais, Francia estableceu o seu protectorado en Rurutu en 1889, e despois foi anexada en 1900.
