Tubuai
| Tubuai | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Francia |
| Illa principal | Tubuai |
| Linguas | |
| Poboación (2007) | 2050 hab. |
| Superficie | 45 km² |
| Superficie lagoa | 85 km² |
| Nº de illas | 7 |
| Coordenadas | 23°27′S 149°30′W / 23.45°S 149.5°W |
| Maior Altura | 422 m. Monte Taita |
| Localización | |
A illa Tubuai, tamén chamada Moutou, é o centro administrativo e económico das illas Austrais, que tamén se chaman illas Tubuai. Está situada a 640 km ao sur de Tahití, 210 km ao sueste de Rurutu e a 180 km ao noroeste de Raivavae.
Xeografía [editar]
De forma ovalada, a illa ten un relevo formado por dous volcáns, cunha altitude máxima de 422 metros no monte Taita, e unha superficie total de 45 km². Está rodeada dunha lagoa protexida por un círculo de illotes: Motu Toena, Motu Roia, Motu Motiha, Motu Ofai e Îlot de Sabre.
Dispón dun aeródromo aberto en 1972. Cultívanse produtos de horta, como patacas, cenorias, coles e taro, que provén o mercado de Tahití.
Historia e poboación [editar]
As aldeas da illa son Mataura (a capital), Taahueia e Mahu e con 2.171 habitantes (censo 2002) é a illa máis poboada das illas Austrais.
Tubuai, así como Rurutu, foi poboado desde as illas da Sociedade achega do ano 900 dC. O capitán Cook foi o primeiro europeo en explorala o 9 de agosto de 1777. Doce anos máis tarde, refuxiáronse os amotinados do Bounty, pero logo de participar nas guerras tribais, tiveron que fuxir.
En 1819 Tubuai recoñeceu a soberanía de Pomare II, rei de Tahití e a poboación converteuse ao protestantismo. En 1844 chegaron os mormóns, hoxe en día maioritarios. En 1881 foi anexionada por Francia.