Illa Anvers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 64°33′S 63°35′W / 64.550°S 63.583°W / -64.550; -63.583 A Illa Amberes ou Illa Anvers, é a maior do Arquipélago Palmer, a 10 Km da costa oeste da Península Antártica, atópase na parte máis austral do arquipélago, ao suroeste da Illa Brabante.

Anvers, unha illa de tipo continental, é alta e montañosa. Ten uns 61 Km de lonxitude, cun área de 2.432 Km² e unha lonxitude de costas de 379 Km.

O seu nome débese á expedición belga, en 1898, ao mando de Adrien de Gerlache en homenaxe á cidade de Antuerpen, en Bélxica.

A Arxentina inclúe á illa dentro do Departamento Antártida Arxentina que forma parte da provincia de Terra do Lume, Antártida e Illas do Atlántico Sur, para Chile forma parte do Territorio Chileno Antártico e para o Reino Unido do Territorio Antártico Británico, pero estas reclamacións están suspendidas en virtude do Tratado Antártico.

Na costa suroeste da illa sitúase a base permanente de Estados Unidos Palmer.