Ichthys

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O ichtus ou ichthys (ΙΧΘΥΣ, ['ix.θys]) é un símbolo que consiste en dous arcos que se intersecan de forma que parece o perfil dun peixe, e que foi empregado polos primeiros cristiáns como un símbolo secreto.

Todo isto significa: Iēsoûs Christós Theoû hYiós Sōtér; "Xesucristo, Fillo de Deus, Salvador". O uso do ichtus como símbolo secreto puido ser o seguinte: unha persoa debuxaba unhas liñas rectas e curvas na area de forma aparentemente aleatoria, das que unha delas era un arco circular (medio ichtus). Se outra persoa debuxaba máis liñas no chan e completaba a figura, os dous saberían que ambos eran cristiáns. Tamén era usado secretamente cando dúas persoas que non se coñecían moi ben se vían novamente, unha delas facíalle a metade do símbolo do peixe na palma da man a un ao saudalo e o outro respondía facendo a outra metade se tamén era fervente Cristián, se non pasaba como unha cóxega ou accidente, pero a maioría das veces tomábanse moitas precaucións, como o de investigar á outra persoas de antemán. Antes do Edicto de Milán os cristiáns non podían revelar abertamente a súa fe, xa que corrían o risco de ser perseguidos ou executados. O peixe tamén se interpreta desde a psicoloxía arquetípica como símbolo da verdade profunda (baixa a auga) que se oculta para ser atrapada e, deseguido, saír á luz. Que brilla en segredo nun primeiro momento, e o pescador debe obtelo para alimentarse. Na Biblia aparece Pedro como pescador, e Xesús simbolicamente representaría como o guía á verdade. Púidose establecer un vínculo entre Xesus e o peixe a partir do baño no baptisterio (piscina, que literalmente significa estanque de peixes) e a parábola dos pescadores de homes que refería aos apóstolos. O peixe era un símbolo de boa sorte. Outra interpretación deriva das condicións astrolóxicas da "Era de Piscis" xa que a conxunción aúrea de Xúpiter e Saturno tivo lugar no ano 7 a.C. (o ano do presunto nacemento de Cristo) tres veces no signo de Piscis no zodíaco. Interpretouse que Xesús era a primeira deidade cósmica dos peixes. E designábase aos recentemente convertidos como "pisciculi" (peixiños) e o peixe converteuse, xunto co pan en símbolo da eucaristía.

http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Ichthys.svg?uselang=es