Henry Fonda
| Este artigo precisa dunha revisión ortográfica (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Pode axudarse do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Colabore connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
| Henry Fonda | ||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Henry Fonda en The Lady Eve (1941) |
||||||||||||||||||||||
| Nacemento | Henry Jaynes Fonda 16 de maio de 1905 Grand Island, Nebraska |
|||||||||||||||||||||
| Falecemento | 12 de agosto de 1982 (77 anos) Os Ánxeles, California (EUA) |
|||||||||||||||||||||
| Profesión | actor | |||||||||||||||||||||
| Cónxuxe(s) | Margaret Sullavan (1931–1932) Frances Seymour Brokaw (1936–1950) Susan Blanchard (1950–1956) Alfreda Franchetti (1957–1961) Shirlee Maye Adams (1965–1982) |
|||||||||||||||||||||
| Fillo(s) | Jane Fonda (1937–) Peter Fonda (1940–) Amy Fonda (1953–, adoptada) |
|||||||||||||||||||||
| Ficha na IMDb | ||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||
Henry Jaynes Fonda, máis coñecido por Henry Fonda, nado en Grand Island o 16 de maio de 1905 e finado nos Ánxeles o 12 de agosto de 1982, foi un actor estadounidense. Fillo de William Brace Fonda e de Herberta Krueger Jaynes, foi un actor de cine e teatro estadounidense. É o patriarca de unha familia de actores, entre os que están os seus fillos Jane e Peter, e súa neta Bridget. Gañador dos premios Oscar, Globo de Ouro, BAFTA e Tony.
O cineasta John Ford, cando nunha entrevista preguntóuselle que era o cine para el, contestou: "¿Vostede viu camiñar a Henry Fonda? Pois iso é o cine". Esta frase valería para resumir a carreira de Fonda, un deses mitos do cine que se foron forxando a base de talento puro e traballo.
Índice |
Traxectoria [editar]
Henry Fonda estudou xornalismo na Universidade de Minnesota, máis abandonou o curso no segundo ano. En 1925, traballava en unha empresa en Omaha cando foi convidado para facer un papel importante en unha produción amadora da Community Playhouse. Nesa época el xá impresionara cos seus 1m 86cm. Apaixonose polo cine e o seu primeiro papel profesional foi na pelicula You and Me, de Philip Barry.
O seu estreno no cine americano foi en 1935, repetindo o papel que fixera no teatro na adaptación de The Farmer Takes a Wife. Nesa mesma época faise amigo de outro actor novato, James Stewart, amistade que durou ata a súa morte. En 1936, Henry casou con Frances Seymour Brokwaw, unha americana rica e divorciada con quen tivo dous fillos, os tamém actores Jane Fonda e Peter Fonda. O casamento terminou traxicamente en 1950, co suicidio de Frances despois dun colapso nervoso.
Antes de partir para a Segunda Guerra Mundial como contramestre de terceira clase, el fai máis de vinte filmes, algúns grandes êxitos de taquilla e crítica como Jezebel, Jesse James, Ao rufar dos tambores e As viñas da ira, coa que foi nominado ao Oscar ó mellor actor.
Henry Fonda participou nunhas 90 películas. Conseguiu un Oscar como mellor actor xa ao final da súa carreira polo seu papel en On Golden Pond en 1981, poucos meses antes de morrer a consecuencia dun cancro e dunha enfermidade de corazón no seu domicilio dos Ánxeles, acompañado pola súa muller Shirlee e a súa filla Jane, que tamén participara na súa última película. Tamén o seu fillo Peter é actor.
Casou outras tres veces: en decembro de 1950, con Susan Levine Blanchard, con quen adoptou unha meniña; en 1957, coa italiana Afdera Franchetti e, en 1965, con Shirlee Mae Adams, con quen estivo casado ata a súa morte en agosto de 1982, vitima de unha doenza crónica no corazón.
Fonda tiña ancestros holandeses, sendo o sobrenome Fonda orixinario de Frísia, unha província no norte dos Países Baixos.[1]
Filmografía [editar]
| Os títulos de obras literarias, musicais, filmes, videoxogos, etc, contidos neste artigo, deberían aparecer na súa forma orixinal, a non ser que exista versión en galego (consulte a base de datos de libros editados en España ou a lista de filmes con versión en galego). Colabore connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
- 1935
- ("The Farmer Takes a Wife") en España estreouse co título de Contrastes
- Way Down East
- Canción de amor ("I Dream Too Much")
- 1936
- O camiño do piñeiro solitario ("The Trail of the Lonesome Pine")
- Spendthrift
- The Moon's Our Home
- 1937
- Wings of the Morning
- Só se vive unha vez ("You Only Live Once")
- That Certain Woman
- Slim
- 1938
- Volveu o amor ("I Met My Love Again")
- Jezabel ("Jezebel")
- Bloqueo ("Blockade")
- Lobos do norte ("Spawn of the North")
- The Mad Miss Manton
- 1939
- Terra de audaces ("Jesse James")
- Let Us Live!
- O gran milagre ("The Story of Alexander Graham Bell")
- O mozo Lincoln ("Young Mr. Lincoln")
- Corazóns indomables ("Drums Along the Mohawk")
- 1940
- The Grapes of Wrath
- A raíña da canción ("Lillian Russell")
- A vinganza de Frank James ("The Return of Frank James")
- Chad Hanna
- 1941
- The Lady Eve (en España estreouse co título de Las tres noches de Eva)
- Wild Geese Calling
- Perténcesme ("You Belong to Me")
- 1942
- Rings on Her Fingers
- The Male Animal
- The Magnificent Dope
- Seis destinos ("Talles of Manhattan")
- A súa última danza ("The Big Street")
- 1943
- O sarxento inmortal ("Immortal Sergeant")
- Incidente en Ox-Bow ("The Ox-Bow Incident")
- 1946 : Paixón dos fortes ("My Darling Clementine")
- 1947
- Noite eterna ("The Long Night")
- O fugitivo ("The Fugitive")
- Entre o amor e o pecado ("Daisy Kenyon")
- 1948
- Unha enquisa chamada Milagre ("On Our Merry Way")
- Fort Apache
- 1955 : Escala en Hawaii ("Míster Roberts")
- 1956
- Guerra e paz ("War and Peace")
- Falso culpable ("The Wrong Man")
- 1957
- Doce homes sen piedade ("12 Angry Men")
- Cazador de fuxidos ("The Tin Star")
- 1958 : Stage Struck
- 1959
- O home das pistolas de ouro ("Warlock")
- The Man Who Understood Women
- 1962
- Tempestade sobre Wáshington ("Advise and Consent")
- O día máis longo ("The Longest Day")
- A conquista do Oeste ("How the West Was Won")
- 1963 : Febre no sangue ("Spencer's Mountain")
- 1964
- The Best Man
- Punto límite ("Fail-Safe")
- A pícara solteira ("Sex and the Single Girl")
- 1965
- Os desbravadores ("The Rounders")
- Primeira vitoria ("In Harm's Way")
- Guerra secreta ("The Dirty Game")
- A batalla das Ardenas ("Battle of the Bulge")
- 1966 : O destino tamén xoga ("A Big Hand for the Little Lady")
- 1967 : Unha bala para o diaño ("Welcome to Hard Estafes")
- 1968
- Os malvados de Firecreek ("Firecreek")
- Brigada homicida ("Madigan")
- Teus, meus, nosos ("Yours, Mine and Ours")
- O estrangulador de Boston ("The Boston Strangler")
- C'era una volta il West ("Once Upon a Time in the West")
- 1970
- Comando no mar de China ("Too Latexa the Hero")
- O club social de Cheyenne ("The Cheyenne Social Club")
- O día dos tramposos ("There Was a Crooked Man")
- 1971 : Caste invencible ("Sometimes a Great Notion")
- 1973
- O serpe ("Lle Serpent")
- Mércores de cinza ("Ash Wednesday")
- O meu nome é... ningún ("Il mio nome è Nessuno")
- 1974 : Mussolini: Último acto ("Mussolini: Ultimo atto")
- 1976 : A batalla de Midway ("Midway")
- 1977
- Tentáculos ("Tentacoli")
- Montaña rusa ("Rollercoaster")
- The Last of the Cowboys
- 1978
- Os novos leóns ("Il Grande attacco")
- Fedora
- O enxame ("The Swarm")
- 1979
- City on Fire ("Cidada con lume")
- Wanda Nevada
- Meteor ("Meteoro")
- 1981 : On Golden Pond ("No estanque dourado")
Premios [editar]
Oscar [editar]
| Ano | Categoría | Película | Resultado |
|---|---|---|---|
| 1981 | Oscar ó mellor actor | On Golden Pond | Gañador |
| 1980 | Oscar Honorífico | Gañador | |
| 1940 | Oscar ó mellor actor | The Grapes of Wrath | Nomeado |
Globos de Ouro [editar]
| Ano | Categoría | Película | Resultado |
|---|---|---|---|
| 1981 | Globo de Ouro ao mellor actor - Drama | On Golden Pond | Gañador |
| 1981 | Premio Cecil B. DeMille | Gañador |
BAFTA [editar]
| Ano | Categoría | Película | Resultado |
|---|---|---|---|
| 1957 | BAFTA ao mellor actor | 12 Angry Men | Gañador |
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Henry Fonda na IMDb (en inglés).