Philip Barry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Philip Barry
Nacemento18 de xuño de 1896
Lugar de nacementoRochester
Falecemento3 de decembro de 1949 (53 anos)
Lugar de falecementoNova York
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoMost Holy Trinity Catholic Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade Yale
Ocupacióndramaturgo, escritor e guionista
Na rede
IMDB: nm0058129 Allocine: 230914 Allmovie: p158300 IBDB: 7990
Find a Grave: 7645435 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Philip Barry, nado en 1896 e finado en 1949, foi un dramaturgo norteamericano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Rochester, Nova York e estudou en Yale, rexeitado para o servizo militar durante a primeira guerra mundial, traballa para o Departamento de Estado, tras a fin da guerra volta a Yale e escribe a súa primeira obra teatral, Automony (1919) para o club de teatro universitario, o que posibilitou que estudase en Harvard con George Pierce Baker. Escribiu comedias satíricas sobre a alta sociedade norteamericana de entreguerras como Holiday (1928), The Animal Kingdom (1932) e The Philadelphia Story (1939), das que se fixeron varias versións cinematográficas. Tamén escribiu dramas serios como Tomorrow and Tomorrow (1931) e experimentais como Hotel Universe (1930).