Hanuka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hanuka ou Festa das luces, é festa xudía na que se conmemora a vitoria do pobo xudeu fronte ó proceso de asimilación promovido por Antíoco IV, do Imperio Seleúcida no Século -II. Antíoco IV tratou de acabar coa relixión xudía, buscando a helenización da porción da Terra de Israel que naquel momento estaba no control dos seléucidas. A rebeldía a esta asimilación desembocou na Revolta Macabea, que concluíu con Xudea como estado independente.

Durante estes sucesos, os xudeus recuperaron e purificaron o Templo e Xerusalén. Tradicionalmente sostense que a gran menorá (candelabro) do Templo de Xerusalén estivo aceso durante oito días, a pesar de que non había aceite dabondo para que isto sucedese. Este milagre, rexistrado no Talmud, constitúe a razón principal da celebración de Hannuka, e un recordo da vitoria contra a asimilación.

As festas poden producirse dende o 26 de novembro ata o 27 de decembro, segundo coincida no calendario xudeu. O elemento principal da festividade é a Hannukia(candelabro de nove brazos). Durante os oito días da celebración usase a candea central para ir acendendo cada unha das restantes do candelabro. As familias xudías reúnense nos fogares para conmemorar estas datas con cantigas típicas destas festas.

Cabe destacar que existen outras tradicións adicionais no Hanukka, como por exemplo a de facer xirar unha buxaina chamada maioritariamente dreidel. En cada lado da buxaina aparecen as letras hebreas que inician as palabras "Un grande milagre aconteceu alí". Ademais tamén é común o intercambio de regalos, se ben esta tradición particular constitúe claramente unha asimilación do Nadal cristián.