Unión Deportiva Melilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Melilla
NomeUnión Deportiva Melilla
Fundación1943
1976 (refundación)
EstadioMunicipal Álvarez Claro,
Melilla, España España
Inauguración1945
Capacidade12.000
Presidente Francisco Molina Gálvez
AdestradorEspaña Óscar Cano Moreno
Liga2ªB - Grupo 1
2011–12
Na rede
http://www.udmelilla.es/
Titular
Alternativo

A Unión Deportiva Melilla é un club de fútbol de España, da cidade de Melilla. Foi fundado en 1943 e xoga no grupo 1 da Segunda División B de España.

Historia[editar | editar a fonte]

A Unión Deportiva Melilla, fundouse o 6 de febreiro de 1943 mediante a fusión de tres equipos da cidade: Melilla FC, Español e Juventud Deportiva. Na tempada 1949-50 o equipo ascende á Segunda División.

Na tempada seguinte perderon a vida tres integrantes do equipo cando se dirixían en autobús á cidade granadina de Loja, á disputa dun partido. Pouco despois o equipo desapareceu.

No ano 1976 fúndase a nova Unión Deportiva Melilla. Este equipo debuta na Segunda División B na tempada 1987-88. Actualmente milita no grupo IV desta categoría.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta azul, pantalón branco e medias azuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta vermella, pantalón vermello e medias vermellas.

Estadio[editar | editar a fonte]

O estadio do Melilla é o Estadio Municipal Álvarez Claro, fundado o 29 de setembro de 1945, con capacidade para 12.000 persoas. As súas dimensións son 106 x 65 metros.

Datos do club[editar | editar a fonte]

(logo da refundación en 1976)

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en 2ªB: 24
  • Tempadas en : 11
  • Mellor posto na liga: 1º (Segunda B, tempada 98-99)
  • Peor posto na liga: 16º (Segunda B, tempada 01-02)

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro 2009/10[editar | editar a fonte]

Posto País Xogador
POR España David Sánchez
POR España Dorronsoro
POR España Verdejo
DEF España Amarito
DEF Francia Jean
DEF España Jonay Hernández
DEF España Mahanan
DEF España Povedano
DEF España Rubén López
DEF España Zamorano
MED España Alex Fernández
MED España Carlos Ruiz
Posto País Xogador
MED España Currás
MED España Manolo Pérez
MED España Migui
MED España Pablo García
MED España Sufian
DIA España Andrés Ramos
DIA España Chota
DIA España Joan Oller
DIA España Jona
DIA España Salvi
DIA España Albert Yagüe

Palmarés[editar | editar a fonte]

(logo da refundación en 1976)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]