Guerra italiana de 1521-1526

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guerra italiana de 1521-1526
Parte de guerras italianas

A batalla de Pavía, obra dun artista flamengo descoñecido (óleo sobre lenzo, século XVI)
Data 15211526
Lugar Italia, Francia e España
Resultado Vitoria decisiva dos Habsburgo
Belixerantes
Reino de Francia
República de Venecia
Reino de Navarra
Imperio Español
 Sacro Imperio Romano Xermánico
Reino de Inglaterra
Estados Pontificios
Líderes
Francisco I de Francia
Odet de Foix
Guillaume Gouffier
Pierre Terrail
Henrique II de Navarra
Carlos I de España
Fernando de Ávalos
Prospero Colonna
Carlos de Lannoy
Carlos III de Borbó

A guerra italiana de 1521–1526, tamén coñecida como Guerra dos Catro Anos,[1] forma parte das Guerras italianas. O conflito desenvolveuse entre 1521 e 1526 e loitaron Francisco I de Francia e a República de Venecia contra o emperados do Sacro Imperio Romano Xermánico Carlos V, Henrique VIII de Inglaterra e os Estados Pontificios. Entre as causas do conflito está a escolla en 1519–1520 de Carlos I como emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico e a necesidade do papa León X de aliarse con Carlos para combater a Martiño Lutero.

A guerra estourou en Europa occidental en 1521, cando Francia envadiu os Países Baixos e intentou axudar a Henrique II de Navarra a recuperar o seu reino. As forzas imperiais repeleron a invasión e atacaron o norte de Francia, onde os franceses detiveron o seu avance. Por isto, o emperador, o papa e Henrique VIII asinaron unha alianza formal contra Francia e as hostilidades comezaron na Península Itálica. Na batalla de Bicoca, os exércitos imperial e papal derrotaron o exército francés e expulsárono do Milanesado. Despois da batalla, a loita trasladouse ó territorio francès, mentres que Venecia asinaba a paz por separado. O exército inglés invadiu Francia en 1523, mentres que Carlos de Borbón, anoxado polos intentos de Francisco de apoderarse da súa herdanza, traizóao e alíase con Carlos I. En 1524, fracasou unha tentativa francesa de recuperar o Ducado de Milán, cousa que concedeu ó Borbón a oportunidade de invadir a Provenza á fronte dun exército español.

O mesmo Francisco dirixiu un segundo ataque contra o Ducado de Milán (a actual Lombardía) en 1525. A súa desastrosa derrota na batalla de Pavia, na cal foi capturado e na que a maioría dos seus principais nobres morreron, conduciu ó fin da guerra. Mentres estaba preso en España, Francisco asinou o tratado de Madrid, no cal renunciaba ás súas aspiracións a Italia, Borgoña e Flandres. Porén, unhas semanas despois da súa liberación, rexeitou as condicións do tratado, comezando deste xeito a guerra da Liga de Cognac. Malia que as Guerras de Italia continuaron durante tres décadas máis, estas remataron sen que Francia puidese recuperar ningún territorio substancial en Italia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Malia que entre 1521 e 1526 hai cinco anos, considérase que a guerra remata coa batalla de Pavia; polo tanto, catro anos a partir do comezo das hostilidades en 1521