Grupo Hotusa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Grupo Hotusa
Logo
Tiponegocio
Data de fundación1977
Fundador(es)Amancio López Seijas
SedeMadrid
PaísEspaña
Na rede
https://www.grupohotusa.com
Twitter: hotusa LinkedIn: grupo-hotusa Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Grupo Hotusa é un grupo internacional español integrado por varias empresas relacionadas con diversos ámbitos do sector turístico. Ten a súa orixe na cadea de hoteis independentes Hotusa Hotels, fundada en Barcelona en 1977 polo galego Amancio López Seijas, actual presidente do grupo.[1]

A organización, con máis de 45 anos de experiencia, estrutúrase en tres unidades de negocio: a de servizos de hoteis, representada por Keytel, a de distribución, que opera como Restel e a área de explotación hoteleira, Eurostars Hotel Company, que agrupa as marcas Eurostars Hotels, Áurea Hotels, Exe Hotels, Ikonik Hotels, Crisol Hotels e Tandem Suites.[2][3]

Estrutura da organización[editar | editar a fonte]

Keytel: área de servizos a hoteis[editar | editar a fonte]

Keytel é o resultado da fusión de Hotusa Hotels e Keytel, as dúas empresas de servizos a hoteis de Grupo Hotusa, que se fixo efectiva o 1 de xaneiro de 2022.[4] Ambas as compañías levan máis de 40 anos ofrecendo servizos aos seus establecementos asociados e a súa unión converte a Keytel na primeira alianza de hoteis independentes do mundo cun portfolio de máis de 3.000 hoteis asociados e 291.000 cuartos en 80 países.

A compañía defínese como unha organización especializada en aceleración de procesos de transformación hoteleira, combinando consultoría, servizos e ferramentas tecnolóxicas para incrementar a velocidade de transformación e crecemento dos seus hoteis asociados.[5] Keytel ten como obxectivo facilitar todas as ferramentas necesarias aos hoteis independentes para que poidan competir en igualdade de condicións coas grandes cadeas hoteleiras a nivel internacional.

Restel: área de distribución[editar | editar a fonte]

Restel é unha das maiores centrais de reserva hoteleiras do mundo, recoñecida polo seu amplo portfolio de produto e o seu carácter innovador no desenvolvemento de ferramentas tecnolóxicas in-house. Baixo a súa organización intégranse Restel Hotels, unha plataforma de distribución de aloxamento hoteleiro, e Restel Travel, a ferramenta de agregación e distribución de aloxamento e servizos turísticos. . A compañía destaca polo seu carácter innovador no desenvolvemento de ferramentas tecnolóxicas. Baixo esta organización intégranse Restel Hotels, unha plataforma de distribución de aloxamento hoteleiro, e Restel Travel, a ferramenta de agregación e distribución de aloxamento e servizos turísticos.

Restel distribúe a máis de 125.000 aloxamentos en todo o mundo e xera un volume superior aos 4 millóns de reservas ao ano. Acceden ao seu portfolio a través da extranet máis de 15.000 axentes de viaxe e mediante API conta con máis de 1.000 partners: os principais tour operadores e OTAS a nivel mundial.[6]

Eurostars Hotel Company: área hoteleira[editar | editar a fonte]

Eurostars Hotel Company é a área de explotación do Grupo Hotusa. Conta con 250 hoteis en 19 países de Europa e América, e atópase en pleno proceso de expansión internacional.

A cadea agrupa unha colección de establecementos que inclúe desde pequenos e medianos establecementos, situados en núcleos urbanos e orientados ao cliente turístico, até hoteis pensados para satisfacer as demandas do cliente corporativo máis esixente nas principais capitais.

Baixo o paraugas de Eurostars Hotel Company comercialízanse 6 marcas diferenciadas: Eurostars Hotels, Áurea Hotels, Exe Hotels, Ikonik Hotels, Crisol Hotels e Tandem Suites.

Grupo Hotusa en Cifras[editar | editar a fonte]

Grupo Hotusa conta con máis de 5.000 empregados, que se distribúen entre as oficinas da compañía e os establecementos da cadea de establecementos hoteleiros que consta dun porfolio que supera os 250 hoteis en xestión, sendo a primeira cadea por número de hoteis en España e a novena europea en número de hoteis. Estas cifras acredítano como o primeiro consorcio hoteleiro mundial segundo a revista Hotels Magazine, e como a primeira cadea española por número de hoteis en España, oitava a nivel europeo.[7]

O compromiso de Grupo Hotusa coa Cultura[editar | editar a fonte]

Grupo Hotusa mantén un forte compromiso coa cultura que se fai visible a través da súa cadea hoteleira Eurostars Hotel Company mediante o apoio e a difusión da arte coa organización de diversos premios e certames culturais vinculados a disciplinas como a literatura, a arte ou a fotografía.[8]

Así mesmo, desenvolve o proxecto artístico Eurostars Exposicións, que ofrece a artistas emerxentes a posibilidade de expor a súa obra en diversos establecementos da cadea, o que para eles representa unha perfecta plataforma de promoción. Desde o inicio desta iniciativa, organizáronse máis de 600 exposicións de diferentes disciplinas.

Unha das iniciativas do grupo máis relevantes en relación co mundo da cultura é o Premio Eurostars de Narrativa de viaxes, que naceu en 2005 en colaboración coa Universidade de Barcelona e RBA Libros. O certame ofrece un único galardón de 18.000€ á obra gañadora, escollida por un xurado de expertos e está considerado como un referente na narrativa de viaxes en español.

Así mesmo, en 2014 xurdiu o proxecto Wine & Books, unha serie de encontros literarios con destacados autores en diferentes hoteis da cadea. A iniciativa ten como obxectivo converter os hoteis nunha excelente plataforma de difusión da cultura e ofrecer un espazo de diálogo para os afeccionados á literatura.[9]

Impulsando un modelo de turismo sustentable[editar | editar a fonte]

Grupo Hotusa é unha organización orientada a xerar valor atendendo á realidade dos destinos nos que opera. A compañía aspira a converterse nunha empresa de referencia na transformación da industria turística cara a un modelo sustentable que contribúa ao desenvolvemento dos destinos no ámbito social e económico, e a preservar o territorio e o seu legado histórico e patrimonial.

Os eixos de actuación baséanse nos seguintes puntos.

Desenvolvemento do territorio[editar | editar a fonte]

A organización conta con distintos centros de traballo que favorecen a creación de emprego local de calidade, impulsando o desenvolvemento da contorna fóra dos núcleos urbanos e favorecendo a cohesión territorial.

Formación Dual e desenvolvemento profesional[editar | editar a fonte]

Desde a organización apóstase polo modelo de Formación Dual como fórmula que facilita unha aprendizaxe dinámica estreitamente ligado ao mundo profesional. Deste xeito facilítase a incorporación ao mundo da empresa a mozos profesionais que desexan desenvolverse dentro do sector nos seus distintos ámbitos.[10]

Proxecto para a promoción da arte e a cultura[editar | editar a fonte]

Os hoteis da cadea acollen exposicións de arte de distintas disciplinas -fotografía, pintura e escultura- establecendo lazos con artistas locais. Así mesmo, desde a organización convócanse un importante número de premios e certames de índole cultural.[11]

Foro Hotusa Explora[editar | editar a fonte]

Hotusa Explora é un evento internacional organizado desde 2014 por Grupo Hotusa e dirixido aos profesionais do sector turístico, empresarial e económico. A cita nace co obxectivo de crear un espazo para o diálogo e o intercambio de coñecementos, ideas e experiencias, á vez que dar un lugar á reflexión e a xeración de conclusións, nunha contorna multidisciplinar, que favorezan a innovación, o desenvolvemento de proxectos, e a posibles acordos de cooperación en prol do avance do sector.

O encontro dá o pistoletazo de saída a Fitur e preséntase como unha cita imprescindible para o mundo do turismo e a innovación. Ao longo das súas edicións, congregou a máis de 6.000 asistentes, sumando nas súas 10 edicións a máis de 100 relatoras de alto nivel. Entre os panelistas que participaron neste encontro, están personalidades relevantes como o presidente e CEO de AENA, Maurici Lucena Betriu; o CEO de Volotea, Carlos Muñoz; o Presidente da CEOE, Antonio Garamendi, Eddie Wilson CEO de Ryanair, Javier Sánchez-Prieto Presidente de Iberia, Gloria Guevara Presidenta e CEO World Travel & Tourism Council ou Pololikashvili Zurab, Secretario Xeral da OMT.

Así mesmo, distinguidos cargos políticos tamén participaron nos encontros de inauguración e de clausura desta xornada, como o presidente do Goberno, Pedro Sánchez; a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto ou José Luís Martínez-Almeida, Alcalde de Madrid.

Foro A Toxa - Vínculo Atlántico[editar | editar a fonte]

En 2019 a compañía celebrou o I Foro A Toxa - Vínculo Atlántico, un proxecto de debate e reflexión sobre economía, novas ideas e experiencias, que se ideou como un espazo para a reflexión e a defensa dos valores que definen as sociedades democráticas. O evento consolidouse, ano a ano, como un referente inescusable da conversación pública de España para abordar temáticas de máxima relevancia e actualidade.[12]

A iniciativa congregou a destacadas personalidades como os expresidentes do Goberno de España, Felipe González e Mariano Rajoy; a exvicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría; o vicepresidente da Comisión Europea, Josep Borrell; o presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo e o ministro José Manuel Albares, ministro de asuntos exteriores.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. AmChamSpain. "Amancio López" (en castelán). Consultado o 2023-03-16. 
  2. Hosteltur. "Amancio López resume 45 años de trayectoria de Grupo Hotusa en tres minutos" (en castelán). Consultado o 2023-03-16. 
  3. "Eurostars Hotel Company". Consultado o 27 de julio de 2023. 
  4. Press, Europa (2021-11-02). "Grupo Hotusa fusionará sus dos empresas de servicios de hoteles a partir de 2022". Consultado o 2023-03-16. 
  5. "Keytel, The Hotel Acceleration Company". www.keytel.com (en castelán). Consultado o 2023-10-23. 
  6. "Restel - Powering Travel Design". Consultado o 2023-03-16. 
  7. "Grupo Hotusa sets sights on growth" (en inglés). Consultado o 2023-03-16. 
  8. Hotels, By Eurostars. "Premios" (en castelán). Consultado o 2023-10-23. 
  9. "Wine & Books - Catas Literarias - Eurostars Hotels Company". www.eurostarshotels.com (en castelán). Consultado o 2023-10-23. 
  10. "Educación y Grupo Hotusa refuerzan la apuesta por la FP dual en seis ciclos superiores con la oferta de 175 plazas - Xunta de Galicia". www.xunta.gal (en castelán). Consultado o 2023-10-23. 
  11. "Innovatión y cultura". Grupo Hotusa (en castelán). Consultado o 2023-10-23. 
  12. "Inicio - Actividades y Agenda - Inauguración de la IV edición del “Foro la Toja – Vínculo Atlántico”". Consultado o 2023-03-16.