Grunerita
| Grunerita | |
|---|---|
| Fórmula química: | Fe7Si8O22(OH])2 |
| Clase: | Silicato |
| Subclase: | Inosilicato |
| Sistema cristalino: | Monoclínico |
| Cor: | Marrón cinsenta |
| Brillo: | De vítreo a sedoso |
| Dureza: | 5 - 6 (escala de Mohs) |
| Fractura: | |
| Exfoliación: | |
| Raia: | Incolora |
| Densidade: | 3,45 g/cm3 |
A grunerita é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo inosilicatos e dentro destes pertence aos anfíbolos. É un hidroxi-silicato de ferro —pode levar flúor como impureza—. É o extremo con ferro da serie de solución sólida na que o outro extremo con magnesio é a cummingtonita (Mg7Si8O22(OH)2).
Foi chamado así na honra de L.E. Grüner (1809-1883), químico franco-suízo que foi o primeiro que analizou este mineral en 1853, xunto con todos os termos férricos da súa serie.
Índice |
Variedades [editar]
A amosita ou amianto marrón é unha variedade fibrosa da grunerita, máis importante que esta, pola súa aplicación industrial como asbesto ou amianto. O seo nome provén do acrónimo de "Asbestos Mines of South Africa", onde se descubriu. Na actualidade, o uso de asbestos marrón de amosita asbesto está restrinxido en moitos estados europeos porque o po das fibras pode producir enfermidades pulmonares por inhalación. Recoméndase a coleccionistas gardalo en caixa de plástico hermética. A montasita, outra variedade de grunerita pouco coñecida, tamén se usa como asbesto.
Ambiente de formación [editar]
A grunerita é un mineral raro, pero característico de rochas metamórficas procedentes do metamorfismo rexional ou dinamotérmico de sedimentos silíceos ricos en ferro.
Localización, extracción e uso [editar]
Hai importantes depósitos de grunerita en Australia, China e Estados Unidos. En España aparece en Madrid, Ojén (Málaga) e Vigo (Galiza). Aparte do interese para coleccionistas só se explota para asbestos, cunha importante mina de amosita no Departamento de Santa Cruz (Bolivia).
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Sitio sobre mineraloxía da Universidade a Distancia Española (en castelán)
- Datos sobre localización de grunerita (en inglés)
- Sitio web con datos de gruneria (en inglés)
- Galería de imaxes de grunerita na Internet: [1] [2], e de amosita: [3]