Cummingtonita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cummingtonita
Amphibole - Cummingtonite w- chlorite in schist Magnesium iron silicate 3800 foot level Homestake Mine Lawrence COunty South Dakota 2071.jpg
Fórmula química: (Mg,Fe)7Si8O22(OH)2
Clase: Silicato
Subclase: Inosilicato
Sistema cristalino: Monoclínico
Cor: Verde claro, castaño claro
Brillo: De sedoso a vítreo
Dureza: 5 - 6 (escala de Mohs)
Fractura: Astillosa
Exfoliación:
Raia: Branca
Densidade: 3,1 - 3,6 g/cm3

A cummingtonita é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo inosilicatos e dentro destes pertence aos anfíbolos monoclínicos.[1] É un silicato de ferro e magnesio, con aspecto de agregados bacilares color castaña. É polimorfo da antofilita, coa súa mesma composición química pero distinto sistema cristalino.

Propiamente, cummingtonita é o termo intermedio dunha serie de solución sólida con cantidades de ferro e magnesio substituíbles entre si, de forma que toda a serie denomínase con este nome. Nun extremo da serie estará a magnesiocummingtonita (Mg7Si8O22(OH)2) e no outro extremo a grunerita (Fe7Si8O22(OH)2).

O nome procede da cidade de Cummington, en Massachusetts (EUA), onde foi descrito en 1824. Sinónimos pouco usados son antolita e kievita.

Índice

[editar] Ambiente de formación

Aparece en rochas metamórficas, tanto metamorfismo de contacto como rexional, de facies de xistos verdes ou ecloxitas xistos azuis. Tamén se pode encontrar como mineral primario nalgunhas dioritas, gabros e noritas.

Minerais asociados á cummningtonita en todas estas rochas son hornblenda, antofilita, actinolita, tremolita, arfvedsonita, glaucofana, cuarzo e granate.

[editar] Localización, extracción e uso

Depósitos importantes deste mineral atópanse en Massachusetts, Dakota e Wisconsin (EEUU), en Labrador (Canadá), Xapón, Escocia, Finlandia, Noruega e Suecia. En España encóntranse en Belmonte de Miranda (Asturias), Níjar (Almería) e Ojén (Málaga).

A cummingtonita non ten uso comercial, só interese científico e coleccionístico.

[editar] Notas

  1. Hawthorne, Frank C., and Roberta Oberti (2006), On the classification of amphiboles: Canadian Mineralogist: 44(1): 1-21.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

[editar] Bibliografía

  • Klein, Cornelius., 2002, The Manual of Mineral Science, 22nd ed., John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25177-1

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas