Anfíbolo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os anfíbolos son un conxunto de minerais do grupo dos silicatos, subgrupo inosilicatos. Son metasilicatos de calcio, magnesio e ferro.
A unidade estrutural fundamental dos anfíbolos é o tetraedro de silicio e osíxeno (SiO4) enlazado en forma de longas cadeas dobres. A fórmula química de cada mineral anfíbolo é o resultado de substitucións metálicas na dobre cadea: RSi4O11.
O nome de anfíbolo deriva do grego αμφιβολος - amphibolos, que significa ambiguo, en alusión ás variedades cambiantes, en composición e aparencia, que presentan estes minerais.
[editar] Variedades
- Antofilita (Mg,Fe)7Si8O22(OH)2
- Tremolita Ca2Mg5Si8O22(OH)2
- Actinolita Ca2(Mg,Fe)5Si8O22(OH)2
- Cummingtonita Fe2Mg5Si8O22(OH)2
- Grunerita Fe7Si8O22(OH)2
- Hornblenda Ca2(Mg,Fe,Al)5(Al,Si)8O22(OH)2
- Glaucofana Na2(Mg,Fe)3Al2Si8O22(OH)2
- Riebeckita Na2Fe2+3Fe3+2Si8O22(OH)2
- Arfvedsonita Na3Fe2+4Fe3+Si8O22(OH)2
- Crocidolita Na2Fe2+3Fe3+2Si8O22(OH)2
- Richterita Na2Ca(Mg,Fe)5Si8O22(OH)2
- Pargasita NaCa2Mg3Fe2+Si6Al3O22(OH)2
- ...