Good bye, Lenin!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Good Bye, Lenin!
Título orixinal {{{títuloorixinal}}}
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director {{{director}}}
Produtor {{{produtor}}}
Guión Wolfgang Becker
Bernd Lichtenberg
Baseado en {{{baseado}}}
Intérpretes {{{intérpretes}}}
Música Yann Tiersen
Claire Pichet
Fotografía Martin Kukula
Montaxe Peter R. Adam
Estudio {{{estudio}}}
Distribuidor {{{distribuidor}}}
Ano 2003
Duración 121 minutos
País Alemaña Alemaña
Xénero Drama. Comedia
Orzamento {{{orzamento}}}
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior {{{anterior}}}
Filme seguinte {{{seguinte}}}
Ficha en IMDb

Good Bye, Lenin! é unha película alemá do ano 2003, dirixida por Wolfgang Becker,e protagonizada por Daniel Brühl, Katrin Sass, e Chulpan Khamatova. A maioría das escenas graváronse na Karl-Marx-Allee en Berlín e ao redor das Plattenbauten preto da Alexanderplatz.

Sinopse[editar | editar a fonte]

República Democrática Alemá, outubro de 1989. Christiane, a nai de Alexander Kerner (Daniel Brühl), é unha muller orgullosa das súas ideas socialistas e dirixente do Partido Socialista Unificado entregada á política tras o abandono do seu marido á Alemaña Occidental. Christiane perde o coñecemento ao ver o seu fillo metido en disturbios ocasionados por unha manifestación en contra de Erich Honecker, coa policía do estado que tanto admira, e entra en estado de coma.

Alex vese enredado nunha complicada situación cando a súa nai sae do coma oito meses despois. Nada podería afectar tanto á súa nai como a caída do Muro de Berlín e o triunfo do capitalismo na súa amada Alemaña Oriental, e seguindo a advertencia do médico de deixala en repouso e sen grandes desgustos, para evitar unha posible recaída, decide ocultarlle que o Muro de Berlín caeu mentres ela estaba enferma. Para iso montará unha serie de falsos telexornais, coa axuda do seu amigo Denis, nos que escribirá a súa propia historia do país.

Como trama paralela, a película revela a verdadeira historia do pai de Alex e o reencuentro co seu fillo.

O filme formula críticas tanto ao socialismo (a parafernalia, burocracia e militarismo), como ao capitalismo (cheo de símbolos vacíos e exaltacións do simplemente material).

Información[editar | editar a fonte]

  • Dirixe Wolfgang Becker (Renania do Norte (Alemaña), 1954) tamén director de Schmetterlinge (1987) e La vida en obras (1997) entre outras. Tamén é autor do episodio da serie de televisión Tatort titulado Blutwurstwalzer (1991), do documental Celibidache (1992) e do telefilme Kinderspiele (1992).
  • Os seus protagonistas son Daniel Brühl, nado en Barcelona (Cataluña) e fillo de nai catalá e pai alemán; Katrin Saß; Chulpan Jamatova (Todo por el éxito, Luna Papa, Tuvalu) e María Simón.
  • O guión está escrito polo propio director en colaboración con Bernd Lichtenberg.
  • O director de fotografía é Martin Kukula, que xa traballara con Becker en La vida en obras.
  • A a banda sonora está composta por Yann Tiersen, tamén compositor da banda sonora de (Amélie).
  • Un dos personaxes secundarios da trama é un taxista chamado Stefan Walz, e que foi cosmonauta da RDA. O personaxe está inspirado no astronauta e mito na RDA Sigmund Jähn, malia que este non acabou como taxista tras a reunificación, senón como consultor da DLR (Deutsches Zentrum für Luft- und Raumfahrt) ou Axencia espacial alemá, herdeira da do antigo Oeste, e posteriormente da ESA ou Axencia Espacial Europea.
  • O apartamento da nai de Alex está ubicado no distrito berlinés de Friedrichshain e gran parte das escenas graváronse alí, incluída unha das máis importantes; cando a nai de Alex decide saír do apartamento. Con todo, Friedrichshain só se menciona unha vez nas noticias montadas despois desa escena.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Presentouse no Festival Internacional de Cine de Berlín de 2003 onde conseguiu el premio Ángel Azul á mellor película europea.
  • Gañou o Premio Especial do Xurado no Festival de Cine de Valladolid en 2003.
  • Conseguiu os Premios do Cine Europeo 2003 á mellor película, actor (Daniel Brühl) e guión, así como todos os premios do público (película, actor e actriz para Katrin Saß).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]