Die fetten Jahre sind vorbei
| Os anos de abundancia están contados | |
|---|---|
| Título orixinal | Die fetten Jahre sind vorbei |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Hans Weingartner |
| Produtor | Antonin Svoboda Hans Weingartner |
| Guión | Katharina Held Hans Weingartner |
| Baseado en | |
| Intérpretes | Daniel Brühl Julia Jentsch Stipe Erceg Burghart Klaussner |
| Música | Andreas Wodraschke |
| Fotografía | Daniela Knapp Matthias Schellenberg |
| Montaxe | Dirk Oetelshoven Andreas Wodraschke |
| Estudio | |
| Distribuidor | Celluloid Dreams |
| Ano | 2004 |
| Duración | 127 minutos |
| País | |
| Xénero | Drama |
| Orzamento | |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Die fetten Jahre sind vorbei (Os anos de abundancia están contados en galego) é un filme alemán de 2004 escrito e dirixido polo austríaco Hans Weingartner e protagonizada por Daniel Brühl. Narra os eventos sucedidos a tres activistas anticapitalistas (aparentemente anarquistas): Jule (Julia Jentsch), Peter (Stipe Erceg), Jan (Daniel Brühl).
Índice |
Argumento [editar]
Jan, Peter e Jule están desfrutando da súa rebelde xuventude. Únelles a súa paixón por cambiar o estado do mundo. Convértense nos "The edukators", cuxas accións non violentas tratan de avisar ós ricos locais de que os seus días de abundancia están a piques de rematar. As complicacións aparecen cando Jule se namora dos dous mozos. Ademais, unha das súas incursións nocturnas nunha casa dun home de negocios complícase, e o que se converte nun rapto non intencionado remata por poñelos cara a cara coa lei.
Banda sonora [editar]
A CD da banda sonora do filme é unha compilación publicada por Mute Records e composta por temas de grupos como Depeche Mode, Placebo, Nada Surf, Franz Ferdinand, Phoenix, Simian e One Inch Punch entre outros, como tamén temas de grupos alemáns como The Notwist, Tocotronic e Slut.
A versión de Jeff Buckley do "Hallelujah" de Leonard Cohen aparece no filme, pero non se inclúe dentro da banda sonora comercializada.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)