Gogol Bordello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gogol Bordello
Gogol Bordello - Rock in Rio Madrid 2012 - 01.jpg
Gogol Bordello en Rock in Rio Madrid 2012.
Orixe Nova York, Estados Unidos
Período 1999 - actualidade
Xénero(s) gipsy punk
Selo(s) discográfico(s) SideOneDummy Records, Rubric Records, Columbia
Membros Eugene Hütz
Sergey Ryabtzev
Yuri Lemeshev
Thomas Gobena
Oren Kaplan
Oliver Charles
Elizabeth Sun
Pedro Erazo
Antigos membros Pamela Racine
Eliot Ferguson
Karl Alvarez
Rea Mochiach
Sasha Kazatchkoff
Vlad Solovar
Ori Kaplan
Susan Donaldson
Chris Tattersall
Web oficial www.gogolbordello.com


Gogol Bordello é un grupo de gypsy punk do Lower East Side de Nova York, formado en 1999. Un dos seus trazos máis característicos son os seus frenéticos directos, e outro o seu son inspirado na música xitana. A maior parte dos seus membros son inmigrantes de Europa do leste, e o grupo utiliza sons de acordeón e violín e, nalgúns dos seus discos, saxofón e música de cabaré, punk e dub.

Nunha entrevista para a National Public Radio, o líder Eugene Hütz citou a Jimi Hendrix e Parliament-Funkadelic como influencias musicais do grupo, e a Nikolái Gogol (homenaxeado no nome da banda) como unha influencia ideolóxica. Entre as súas influencias están tamén Manu Chao, Fugazi, Kalpakov, Rootsman ou The Clash.

Lanzaron o seu primeiro single en 1999, e desde entón publicaron dous álbums, un EP e un álbum en colaboración con Balkan Beat Box. En 2005 o grupo firmou ca discográfica de punk rock SideOneDummy Records.

A gravación de "Start Wearing Purple" do disco Voi-La Intruder deunos a coñecer no Reino Unido, e foi regravada para o seu disco Gypsy Punks, converténdose no seu primeiro sinxelo internacional. “Not a Crime” foi seleccionado como segundo sinxelo.

A melodía de "Start Wearing Purple" aparece en varias escenas ó longo da película de 2005 Everything Is Illuminated, e nos títulos de crédito óese a canción con letra; é tamén a última canción da banda sonora. Ademais, Eugene Hütz tivo un papel protagonista no filme.

Varios membros da banda, xunto con membros de Balkan Beat Box, teñen un proxecto paralelo que mestura dub e electrónica chamado J.U.F. (Jewish-Ukrainian Freundschaft).

No 2007 actuaron nunha presentación en vivo no Live Earth de Londres xunto con Madonna, coa que tocan mentres cantan "La Isla Bonita", o 7 de xullo de 2007.

Membros[editar | editar a fonte]

Membros actuais[editar | editar a fonte]

Antigos membros[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

EPs[editar | editar a fonte]

Outros discos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]