Giuseppe Rossi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Giuseppe Rossi
Giuseppe Rossi FARE Ambassador.jpg
Información persoal
Nome completo Giuseppe Rossi
Nacemento 1 de febreiro de 1987 (27 anos)
Lugar Teaneck, Estados Unidos
Altura 1,73 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Villarreal
Número 22
Carreira xuvenil
2000–2004 Parma
2004–2006 Manchester United
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2005–2007 Manchester United 5 (1)
2006 Newcastle (cedido) 11 (0)
2007 Parma (cedido) 19 (9)
2007– Villarreal 128 (51)
Selección nacional
2003 Italia sub-16 5 (3)
2003–2004 Italia sub-17 14 (6)
2004–2005 Italia sub-18 3 (0)
2006–2008 Italia sub-21 22 (11)
2008– Italia 24 (6)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 30 de agosto de 2011.
† Aparicións (Goles)

Giuseppe Rossi, nado en Teaneck (Nova Jersey) o 1 de febreiro de 1987, é un futbolista de orixe italiana. Xoga de dianteiro e o seu actual club é o Villarreal Club de Fútbol.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 2004 o primeiro club polo que Giuseppe Rossi fichou, foi o Parma italiano como xuvenil. Tiña 17 anos, pero foi traspasado ao pouco tempo por 200.000 libras ao Manchester United, onde asinaría o seu primeiro contrato profesional. Alí xogou ata xaneiro de 2007, empezando a xogar cedido no Parma italiano.[1].

Giuseppe Rossi foi fichado polo Villarreal CF o verán de 2007 tras a marcha ao Atlético de Madrid do uruguaio Diego Forlán. Cos seus 11 goles en 27 partidos converteuse nun dos xogadores revelación da tempada 2007-08.

Ao finalizar a tempada 2008/09 apareceron na prensa rumores sobre o interese de varios clubs para facerse cos servizos de Rossi, como a Juventus FC que se dicía que ofrecía 18 millóns de euros e o traspaso de David Trézéguet, ou o Manchester City ou o Manchester United.[2] Sobre todo tras as declaracións que realizou, nas que afirmaba que o seu soño era volver xogar en Italia.[3] En xaneiro de 2011, o Villarreal CF confirma o acordo entre Rossi e o club para a ampliación do seu contrato ata o verán de 2016 desmentindo asi calquera rumor que lle vinculaba a outro club.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa Selección de Italia tanto a nivel absoluto, como nas categorías inferiores ata a Sub-21. Coa Selección Olímpica de Italia en 2008 participou nos Xogos Olímpicos de Pequín, onde terminou como máximo goleador do torneo con 4 goles. O seu primeiro gol coa súa selección anotouno nun partido amigable disputado o 6 de xuño de 2009 en Pisa contra Irlanda do Norte, que servía de preparación para a Copa das Confederacións de 2009, á que foi convocado por Marcello Lippi.

No mencionado torneo internacional, debuto con dous goles no triunfo italiano 3-1 sobre Estados Unidos, no Estadio Loftus Versfeld de Pretoria.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Football League Cup Manchester United Inglaterra Inglaterra 2006

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Traxectoria na web de Rossi
  2. A Juve ofrece 18 millóns e Trezeguet a cambio de Rossi. Marca.com. Consultado o 13 de xuño de 2009.
  3. Rossi di que o seu soño é volver xogar en Italia. Marca.com. Consultado o 13 de xuño de 2009.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Giuseppe Rossi