Giovanni Battista Quadri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de persona
Giovanni Battista Quadri

Gravado de Quadri
Biografía
Nacemento12 de setembro de 1780
Vicenza Editar o valor em Wikidata
Morte26 de setembro de 1851
Nápoles
Datos persoais
ResidenciaVéneto (Península itálica, Imperio Austrohúngaro), Boloña, Padua e Nápoles.
País de nacionalidadeVeneto (imperio austrohúngaro)
EducaciónUniversidades de Pavia, Boloña e Padua
Actividade
Campo de traballomédico, oftalmólogo, naturalista e ilustrador
Ocupaciónmédico , cirurxián , mestre Editar o valor em Wikidata


Giovanni Battista Quadri, nado en Vicenza o en 1780 e finado en Nápoles o 26 de setembro de 1851, foi un médico, cirurxián e docente italiano.

Annotazioni pratiche (Notas prácticas), Volume II

Fixo contribucións á cirurxía oftálmica, en particular a unha técnica de extracción de cataratas [1], e á formación da pupila artificial [2]. Tivo un importante papel na fundación na Universidade de Nápoles da Clínica de Oftalmoloxía, ligada a unha escola para a inclusión de cegos na vida normal [3], ao estilo doutra en París [4]. Desde 1840 foi decano Facultade de Medicina de Nápoles. Após a represión das revolucións de 1848, foi retirado da Clínica, reintegrado en 1850.[5] Morreu ao ano seguinte de disentería. O seu traballo foi continuado polo seu fillo Alessandro, tamén oculista [6][7].

Biografía[editar | editar a fonte]

Xuventude[editar | editar a fonte]

Fillo de Domenico e Teresa Meneghi, apaixonado pola literatura, filosofía, música e belas artes, distinguiuse como poeta [8]. Aos dezaseis anos, un dos seus sonetos foi publicado en 1796 no Canzoniere per la monacazione di nobile donzella veneta, dedicado ao patriarca de Venecia, xunto a versos de Ugo Foscolo e outros [9]. Na peza, dedicada á fidalga María Toderini a piques de entrar nun convento de clausura, expresaba preocupación pola chegada dos franceses, liderados por Napoleón. Foi alumno de Monti, catedrático en Pavia, e acadou gran pericia no debuxo, moi útil na súa carreira científica, permitíndolle ilustrar os tratados de cirurxía ocular [10].

Estudos universitarios e primeiros traballos de ensino (1802-1814)[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Medicina en Pavia e tamén estudou Ciencias Naturais e Medicina en Boloña [11]. Co afán de investigar sobre a clasificación de plantas e minerais, emprendeu con escasos medios unha viaxe percorrendo a pé Italia e parte de Suíza. Despois estudou Cirurxía en Padua, sendo estudante de G. B. Morgagni, onde sería nomeado profesor de Química. De 1805 a 1814 foi catedrático de Anatomía e Cirurxía en Boloña. En 1807 publicou unha Guía para estudiosos da arte da obstetricia [3]. Nese ano publicou en Milán unha monografía sobre un cogomelo velenoso descuberto na Toscana, Notizia intorno a una specie di fungo velenoso, acompañada dun debuxo minucioso[12]. Comezou a operar ollos co método do seu mestre Antonio Scarpa. O fracaso das tres primeiras cirurxías de cataratas realizadas segundo esa técnica levouno a Viena para aprender o método de Georg Joseph Beer. Ao seu regreso, aumentou o número de persoas que querían que o mozo cirurxián lle operase os ollos [13]. En Florencia experimentou por primeira vez coa corotecnia, unha intervención innovadora no segmento anterior do ollo; estas investigacións provocaron a fama internacional de Quadri [14] .

O período napolitano (1812-1851)[editar | editar a fonte]

En outubro de 1814, trasladouse a Nápoles, ao Hospital da Paz, invitado polo conde Zurlo, ministro do rei de Nápoles Gioacchino Murat. Despois de dous meses encargáronlle a cátedra de Oftalmiatría con sede no Hospital dos Incurables de Nápoles [15] .

Cirurxía de ectomía

En 1815, inauguran en Nápoles a Clinica Reale di Oftalmiatria, que el dirixe até a súa morte en 1851[16]. En 1818 o emperador Francisco I solicitou un informe sobre a Clínica, coa intención de crear un semellante en Viena, que se estableceu ao ano seguinte, baixo a dirección de Georg Joseph Beer. Nos anos seguintes, a fama de Quadri estendeuse a nivel internacional, tanto que chegaron pacientes de toda Europa, Norte de África e mesmo América; numerosos cirurxiáns acudiron a Nápoles para asistir ás súas operacións. A súa actividade é ben coñecida grazas aos volumes Annotazioni pratiche sulle malattie degli occhi, que escribiu de 1818 a 1830. Aí describe todas as etapas da súa actividade profesional: o establecemento do primeira departamento, a Oficina de patoloxía, as dietas para os enfermos, o rexistro no que trataron os pacientes, as intervencións realizadas, o establecemento da biblioteca de oftalmoloxía etc. En 1818 publicou o primeiro volume do tratado e a monografía La cura del gozzo [17]. No mesmo ano foi cirurxián xefe do Hospital Militar de Nápoles [4]. En 1825 publicou o segundo volume das Notas prácticas sobre as doenzas dos ollos.

Medalla concedida a G. B. Quadri polos seus estudantes en 1826

Para o tratamento das cataratas, entón chamada ecraxioloxía, chegou á determinación de substituír a técnica da reclinatio lentis, en voga pola extracción mediante esclerótica (coñecida hoxe como lensectomía vía pars plana) [18]. As intervencións realizáronse sen anestesia, mediante métodos descritos detalladamente [19]. Quadri tamén foi chamado a outras oficinas para realizar intervencións cirúrxicas [20]. Do terceiro volume das Anotacións, en 1827, destacan especialmente as descricións da técnica das cataratas laterais [21]. O cuarto volume, publicado en 1830, recolle os resultados das operacións de corotecnia e cataratas realizadas de novembro de 1818 a novembro de 1819, na súa maior parte con resultados satisfactorios [22] . En 1838 inventou outro método para as cataratas: a técnica da dobre depresión, e foi convidado a expolo en París [23][24]. De 1840 a 1850 foi decano na Universidade de Nápoles [25]. En 1848 leu unha conferencia na Academia de Ciencias de Nápoles, titulada Memoria sopra un nuovo istrumento inventato ed usato per fermare con maggior facilità la pupilla artificiale [26]. O 26 de setembro de 1851 finou a raíz dunha grave disentería [27].

Creación e dirección da Clínica Oftalmiátrica[editar | editar a fonte]

Contexto histórico do nacemento da Clínica[editar | editar a fonte]

Primeiro con Xosé Bonaparte e logo con Murat, a Ilustración reformista importada de Francia abrira o camiño para o concepto de Sanidade Pública, apoiado polo Estado, levando os hospitais da época dunha xestión privada, alimentada por legados e doazóns, a un ámbito institucional[28] . Na década do goberno francés, as institucións de caridade foron inscritas na longa lista de acredores estatais [29]. Nese tempo, a duración dos cursos universitarios variaba nos distintos estados. A Universidade de Nápoles foi a primeira de Italia en regularizar os estudos médicos coa lei "de medicis", promulgada en 1241 por Federico II de Suabia. En virtude desa disposición, os estudos sobre anatomía fixéronse obrigatorios para os cirurxiáns. Nos séculos seguintes floreceron as investigacións e os estudos anatómicos, a miúdo realizados sobre os cadáveres dos condenados, postos a disposición dos estudantes [16]. En 1777 creouse unha escola de ciencias cirúrxicas e anatómicas no Ospedale degli Incurabili e propuxéronse novas regras para os estudantes. Para presentarse aos exames de grado era necesario aprobar os prácticos de cirurxía, obstetricia, enfermidades oculares e vexiga. Nese ano establecéronse as cátedras de cirurxía e obstetricia e dous anos despois a de vexiga urinaria e enfermidades oculares [30]. 1779 representa unha data histórica co nacemento da primeira ensinanza de Oftalmoloxía en Italia, encomendada a Michele Troja [7]. O nacemento da Clínica Oftalmiátrica tivo lugar en outubro de 1814, nun contexto de grandes cambios, con dificultades económicas e burocráticas [31] .

Compromiso coa organización da Clínica Oftalmiátrica[editar | editar a fonte]

Nos anos de xestión da Clínica Oftalmiátrica, Quadri tamén tivo un papel como administrador. Era un home leal ao seu traballo, pero disposto a loitar polos dereitos dos enfermos e a desafiar a administradores xordos ás súas peticións, insensibles ao sufrimento; mostrouse ao mesmo tempo ambicioso e seguro da súa preparación [32] . No Hospital da Paz reserváronse 12 camas para a oftalmoloxía clínica. No primeiro mes de actividade, do 15 de outubro ao 15 de novembro de 1814, 28 soldados e 29 civís foron sometidos con éxito á intervención [33]. A Intendencia da Provincia de Nápoles convidou aos párrocos a informar aos pacientes que necesitan atención oftálmica da posibilidade de acudir ao hospital todos os días a última hora da mañá [34]. Quadri elaborou táboas detalladas nas que se informaban os datos persoais do paciente, o diagnóstico, a clase social, civil ou militar, o sexo e o resultado da operación [7]. Para deixar un sinal tanxible e obxectivo dos resultados obtidos polas súas intervencións, quixo a institución dunha comisión especial, chamada a avaliar o seu traballo, integrada polos profesores Angelo Boccanera, Leonardo Santoro e Giuseppe Antonucci; Examináronse trece pacientes, que se atopaban en estado de cegueira, que grazas ao tratamento de Quadri recuperaron a vista [35].

Dificultades económicas e de xestión[editar | editar a fonte]

Coa caída do dominio francés en febreiro de 1815 e o regreso da Casa de Borbón, Quadri foi reconfirmado á fronte do Instituto [25]. Porén, a situación económica repercutiu nos gastos que determinaba o departamento de cadros, a pesar de que o Ministerio do Interior se comprometera a sufragalos [31]. A actividade avanzaba con ritmo, pero requiría recursos económicos continuos. Mentres que para o coidado dos militares os reembolsos eran realizados polos corpos aos que pertencían e pola Real Casa dos Inválidos, para os pobres o Concello de Nápoles bloqueou os reembolsos, impugnando a veracidade das fes de pobreza emitidas polos párrocos, pero non refrendadas polos alcaldes [31]. Quadri libraba unha batalla contra a burocracia absurda que cuestionaba o estado asistencial dos pacientes e bloqueaba os pagos [36], pero o Ministerio do Interior acabou interrompendo os servizos no ámbito oftalmolóxico. O destino da Clínica foi encomendado a unha Comisión de Ensino Público presidida por Ludovico Loffredo, príncipe de Cardito, que subordinaba a reorganización á elaboración polos xerentes de catro cadros (persoal, obxectos dispoñibles, espazos, fondos asignados) acompañada dunha memoria explicativa [31]. O crédito da Clínica aumentara de ano en ano. Quadri denunciou en varias ocasións as dificultades para organizar o laboratorio anatómico e para atopar as ceras e cadáveres necesarios para as demostracións [31] ; a situación empeorou aínda máis con motivo do estalido da peste de Noja en 1816 [37]. No Discurso Preliminar do primeiro volume das Anotacións, Quadri observaba que a organización en Clínicas, encomendada aos directores, favorecería a experimentación e observación de enfermidades, mentres que as grandes estruturas, difíciles de xestionar, acababan converténdose en hospicios destinados a a axuda dos pobres, en lugar de lugares axeitados para coñecer os avances médicos [31] . No que respecta ás relacións internas do equipo médico, o catedrático expuxo nos seus escritos unhas normas organizativas precisas [38] . O Regulamento Xeral prevía tamén o peche das clínicas de maio a novembro. Quadri tentou durante algúns anos eludir esa prohibición, solicitando fondos adicionais para alimentación e aloxamento dun número mínimo de pacientes para o período estival, pero ao final tivo que cumprir as regras [31]. A falta de fondos foi constante ao longo dos anos de actividade da clínica e non permitiu rematar as reformas do local, solicitadas en varias ocasións. En efecto, en 1819 o número de camas reduciuse de 12 a 5; só en 1834, para garantir a educación dos mozos e a atención dos enfermos pobres, os Quadri obtiveron a restauración das 12 camas orixinais [30]. A pesar do seu compromiso coa realización da clínica e dos éxitos rexistrados na actividade cirúrxica, o profesor tamén tivo críticas sobre as técnicas cirúrxicas que experimentou. Por iso, en 1835 instou a constituír unha Comisión para a avaliación científica dos 21 anos de actividade desenvolvidos no Reino, para comparar cos resultados comunicados por outros prestixiosos centros italianos e estranxeiros. Calquera avaliación negativa requiriría unha revisión crítica dos métodos empregados e un esforzo por melloralos; viceversa, en caso de ditame positivo, os resultados teríanse feito públicos, para o adecuado recoñecemento do traballo realizado [39]. Neste sentido, o Quadri pódese considerar un precursor das certificacións de calidade dos procedementos sanitarios.

A actividade como Decano[editar | editar a fonte]

Na década de 1840, Quadri foi nomeado decano da Facultade de Medicina da Universidade Napolitana. Nese período estivo en constante polémica coa administración, en particular co chanceler da Don Michele Fabiani, sempre reticente a apoiar economicamente a Clínica e a aprobar as medidas necesarias para o seu funcionamento. [31] . As tribulacións económicas daqueles anos e o clima de servilismo que se establecera na Universidade, en detrimento da profesionalidade, foron ilustrados por Quadri nunha serie de 15 acuarelas, acompañadas de relativos pés de foto [36]. A pesar das dificultades económicas e organizativas, Quadri fixo un esforzo por dotar aos seus alumnos de profesionalidade, recoñecida no país e no estranxeiro. En 1841 o Gran Duque de Toscana fundou outro semellante en Florencia; o Rei das Dúas Sicilias abriu unha en Palermo e outra en Catania, confiando a dirección a dous estudantes de Quadri, Pollara e Mascari [7] . En 1842 foi invitado á Academia de París para ilustrar o método da dobre depresión. O informe foi impreso en París en 1845 (copia gardada na Biblioteca Nacional de Nápoles) [40]. En 1848 leu a Memoria sopra un nuovo istrumento inventato ed usato per fermare con maggiore facilità la pupilla artificiale na Academia de Ciencias (Copia na Biblioteca da Academia Pontana de Nápoles) [41].

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Per grazia ricevutta, Acuarela de GB Quadri referida á noite do 22 de maio de 1850

A comezos de 1848 desenvólvense nas Dúas Sicilias revoltas populares, que a partir dos levantamentos de Palermo estendéronse por todo o Reino e levaron á concesión da Constitución polo rei Fernando II. O 15 de maio do mesmo ano, día sinalado para a apertura do parlamento, estalou a revolución en Nápoles, coa formación de barricadas pola cidade. Quadri relatou os episodios do día nunha serie de 15 acuarelas [42]. Coa represión derivada dos levantamentos revolucionarios, Quadri foi destituído da docencia e da dirección da Clínica. Aproveitando o clima de restauración política, xunto con outros ilustres profesores, como Vincenzo Lanza, foi acusado de simpatías liberais e revolucionarias por algúns dos seus detractores, que pretendían asumir o poder dentro da Universidade [39]. En xuño de 1850, grazas á intervención de Antonio Scarpa foi reintegrado na dirección da Clínica [36]. Nos últimos anos, a pesar da amargura e os malentendidos, a súa reputación como oftalmólogo non se viu manchada [17]. Á súa morte, o 26 de setembro de 1851, as celebracións fúnebres tiveron unha conmovedora participación popular e o recoñecemento unánime da súa obra[43] . O seu fillo supervisou a transcrición e publicación póstuma de Lezioni di oftalmiatria redatte ed annotate per Alessandro Quadri, un manual para o diagnóstico e tratamento das afeccións oculares máis comúns [44].

Homenaxes[editar | editar a fonte]

Levan o seu nome o Liceo G.B. Quadri di Vicenza (www.liceoquadri.gov.it Arquivado 14 de maio de 2021 en Wayback Machine.) e a rúa Giovanni Battista Quadri en Vicenza [1]

Principais obras[editar | editar a fonte]

  • "Guida per gli studiosi dell'arte ostetricia" (Bassano del Grappa, Baseggio, 1807)
  • "Notizia intorno a una specie di fungo velenoso" (Milán, 1807)
  • "Annotazioni pratiche sulle malattie degli occhi" (Girard, Napoli, 1818, vol. I)
  • "Annotazioni pratiche sulle malattie degli occhi" (Girard, Napoli, 1824, vol. II)
  • "Trattato sulla pupilla artificiale" (Stamperia francese, 1824)
  • "Annotazioni pratiche sulle malattie degli occhi" (Girard, Napoli, 1827, vol. III)
  • "Annotazioni pratiche sulle malattie degli occhi" (Girard, Napoli, 1830, vol. IV)
  • "Monographie de la double dépression destinée à détruire la cataracte. Méthode inventée a pratiquée en 1838 par G. B. Quadri dans la Clinique Royale de Naples precédée du discours prononcé par l'auteur à l'Académie Royale de Médicine de Paris le 27.12.1842" (París, 1845)
  • "Lezioni di oftalmiatria redatte ed annotate per Alessandro Quadri" (Napoli, Minerva, 1846)
  • "Memoria sopra un nuovo istrumento inventato ed usato per fermare con maggior facilità la pupilla artificiale" (Napoli, 1848)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Giovan Battista Quadri, Monographie de la double dépression destinée à détruire la cataracte. Méthode inventée a pratiquée en 1838 par G.B. Quadri dans la Clinique Royale de Naples précédée du discours prononcé par l'auteur à l'Académie Royale de Médicine de Paris le 27/12/1842, Paris, 1845, pp. 1-10
  2. Giovan Battista Quadri, Memoria sopra un nuovo istrumento inventato ed usato per fermare con maggior facilità la pupilla artificiale, Napoli, 1848, pp. 5-6
  3. 3,0 3,1 Tommaso Virnicchi, Negrologia del professor Giovan Battista Quadri, Napoli, 1851, pp. 3-8
  4. 4,0 4,1 Giuseppe De Crecchio, op. cit., pp.129-135
  5. Linda Iacuzio, "L'insegnamento della medicina nell'Ospedale degli Incurabili e nel Collegio Medico Cerusico di Napoli. Note sull'insegnamento dell'oculistica", in Arturo Armone Caruso & Antonio Del Prete (a cura di), La nascita dell'oculistica Campana,Giannini Editore, Napoli, 2005, pp.121-127
  6. Iacuzio Linda, op. cit., pp. 121-127
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Giuseppe De Crecchio, op. cit., pp. 129-135
  8. Giovanni Battista Quadri, Ridar vita agli occhi perduti, Edizioni Egida, Vicenza, 1993, pp. 1-143
  9. Gabriella Botti, "Da ospedale-ricovero a ospedale clinico: il Collegio medico-cerusico degli Incurabili di Napoli", in G. Botti, L. Guidi, L. Valenzi, (a cura di), Povertà e beneficenza tra Rivoluzione e Restaurazione, Napoli, 1990, pp.239-258
  10. Giovan Battista Quadri, op. cit., pp.1-143
  11. Bernardo Quaranta, Discorso funebre in morte del prof Giovan Battista Quadri, tipografia del Filiatre-Sebezio, Napoli, 1852, pp. 3-8
  12. Giovan Battista Quadri, Notizia intorno a una specie di fungo velenoso, Milano, 1807, pp. 3-5
  13. Bernardo Quaranta, op.cit., pp. 3-8
  14. Raffaele Barbagallo Fichera, Omaggio di una medaglia tributato dagli studenti di Medicina al loro insigne Maestro signor Giovanni Battista Quadri, Tipografia C.Cataneo, Napoli, 1826, pp. 1-35
  15. Giuseppe De Crecchio, "Nascita della moderna Oculistica Campana", in Arturo Armone Caruso & Antonio Del Prete, (a cura di), La nascita dell'oculistica Campana, Giannini Editore, Napoli, 2005, pp. 129-135
  16. 16,0 16,1 Linda Iacuzio, op. cit., pp. 121-127
  17. 17,0 17,1 Tommaso Virnicchi, op. cit., pp. 3-8
  18. Giovan Battista Quadri, Monographie de la double dépression destinée à détruire la cataracte. Méthode inventée a pratiquée en 1838 par G. B. Quadri dans la Clinique Royale de Naples precédée du discours prononcé par l'auteur à l'Académie Royale de Médicine de Paris le 27. 12. 1842, op. cit., pp. 1-8
  19. Giovan Battista Quadri, Annotazioni pratiche sulle malattie degli occhi, Girard, Napoli, 1842, volume II, pp. 5-130
  20. Giuseppe De Crecchio, op. cit., p. 133
  21. Giovan Battista Quadri, Annotazioni pratiche sulle malattie degli occhi, volume III, op. cit., pp. 168-170
  22. Giovan Battista Quadri, Annotazioni pratiche sulle malattie degli occhi, volume IV, op. cit., pp. 13-15
  23. Giovan Battista Quadri, Discours prononcè par l'auteur à l'Académie Royale de Médicine de Paris le 27.12.1842
  24. Giovan Battista Quadri, Monographie de la double dépression destinée à détruire la cataracte. Méthode inventée a pratiquée en 1838 par G. B. Quadri dans la Clinique Royale de Naples precédée du discours prononcé par l'auteur à l'Académie Royale de Médicine de Paris le 27.12.1842, op. cit., pp. 1-10
  25. 25,0 25,1 Alfredo Zazo, "L'ultimo periodo borbonico", in Torraca F., Monti G.M., Filangieri Di Candida R., Cortese N., Schipa M., Zazo A., Russo L. (a cura di), Storia dell'Università di Napoli, Napoli, 1924, pp. 552-583
  26. Giovanni Battista Quadri, Memoria sopra un nuovo istrumento inventato ed usato per fermare con maggior facilità la pupilla artificiale, op. cit., pp. 3-7
  27. Pasquale Villani, "Il decennio francese" in P. Villani- A.M. Rao, Napoli 1799-1815. Dalla Repubblica alla monarchia amministrativa, Napoli, 1995, pp. 181-284
  28. Raffaella Salvemini, "Le implicazioni economiche della cura degli occhi a Napoli nel primo ottocento: il caso di G.B. Quadri" in Arturo Armone Caruso & Antonio Del Prete (a cura di), La nascita dell'Oculistica Campana, op. cit., pp. 137-152
  29. Pasquale Villani, op. cit., pp. 181-284
  30. 30,0 30,1 Gabriella Botti, op. cit., pp. 239-258
  31. 31,0 31,1 31,2 31,3 31,4 31,5 31,6 31,7 Raffaella Salvemini, op. cit., pp. 137-152
  32. Tommaso Virnicchi, Negrologia del professor Giovan Battista Quadri, op. cit., pp. 3-8
  33. Giovambatista Quadri, Annotazioni pratiche sulle malattie degli occhi Girard, Napoli, 1818; vol. I, pp. 9-21
  34. Intendenza della Provincia di Napoli, Avviso, Napoli, 21 ottobre 1814, foglio 1
  35. Giovan Battista Quadri, Memoria sopra un nuovo istrumento inventato ed usato per fermare con maggior facilità la pupilla artificiale, op. cit., pp. 3-7
  36. 36,0 36,1 36,2 Giovanni Battista Quadri, Ridar vita agli occhi perduti, op. cit., pp.1-143
  37. Alfredo Zazo, op. cit., pp. 552-583
  38. Giovambatista Quadri, Annotazioni pratiche sulle malattie degli occhi, op. cit., pp. 9-21
  39. 39,0 39,1 Giuseppe de Crecchio, op. cit., pp. 129-135
  40. Giovanni Battista Quadri, Monographie de la double dépression destinée à détruire la cataracte. Méthode inventée a pratiquée en 1838 par G. B. Quadri dans la Clinique Royale de Naples precédée du discours prononcé par l'auteur à l'Académie Royale de Médicine de Paris le 27.12.1842, op. cit., pp. 1-10
  41. Giovanni Battista Quadri, Memoria sopra un nuovo istrumento inventato ed usato per fermare con maggior facilità la pupilla artificiale, op. cit., pp. 5-6
  42. Gino Doria, Il Quindici Maggio. Cronaca iconografica del '48 a Napoli in XII acquerelli inediti di G.B. Quadri, Napoli, Philobiblon, 1949
  43. Bernardo Quaranta, Discorso funebre in morte del prof Giovambattista Quadri, Tipografia del Filiatre-Sebezio, Napoli, 1852, pp. 3-8
  44. Giovanni Battista Quadri, Lezioni di oftalmiatria redatte ed annotate per Alessandro Quadri, Napoli, 1846


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • AA.VV.: "Giovanni Battista Quadri: Ridar vita agli occhi perduti", Edizioni Egida, Vicenza, 1993, pp. 1–143
  • Barbagallo Fichera Raffaele: "Omaggio di una medaglia tributato dagli studenti di Medicina al loro insigne Maestro signor Gio. Batista Quadri", Tip. C. Cataneo, Napoli, 1826, pp. 1–35
  • Botti Gabriella: "Da ospedale-ricovero a ospedale clinico: il Collegio medico-cerusico degli Incurabili di Napoli", in G. Botti, L. Guidi, L. Valenzi (a cura di), Povertà e beneficenza tra Rivoluzione e Restaurazione, Napoli, 1990, pp. 239–258
  • De Crecchio Giuseppe: “Nascita della moderna Oculistica Campana”, in Arturo Armone Caruso & Antonio Del Prete (a cura di), La nascita dell'Oculistica Campana, Giannini Ed., Napoli, 2005, pp. 129–135
  • De Nosca di Troina Giuseppe: "Intorno all'uso del laudano concentrato del cav. Quadri per curare parecchie malattie degli occhi", Napoli, 1828, pp. 1–7
  • Doria Gino: "Il Quindici Maggio. Cronaca iconografica del '48 a Napoli in XII acquerelli inediti di G-B- Quadri", Philobiblon, Napoli, 1949, pp. 1–12
  • Iacuzio Linda: “L'insegnamento della medicina nell'Ospedale degli Incurabili e nel Collegio Medico Cerusico di Napoli. Note sull'insegnamento dell'Oculistica” in A. Armone Caruso & A. Del Prete (a cura di), La nascita dell'Oculistica Campana, Giannini Ed., Napoli, 2005, pp. 121–127
  • Quaranta Bernardo: "Discorso funebre in morte del prof Giovambattista Quadri", Tip. del Filiatre-Sebezio, Napoli, 1852, pp. 3–8
  • Salvemini Gaetano: "Cocò all'Università di Napoli o la scuola della mala vita", in La Voce, Napoli, 1908, p. 3
  • Salvemini Raffaella: “Le implicazioni economiche della cura degli occhi a Napoli nel primo ottocento: il caso di G.B. Quadri.” in A. Armone Caruso & A. Del Prete (a cura di), La nascita dell'Oculistica Campana, Giannini Ed., Napoli, 2005, pp. 137–152
  • Sgrosso Salvatore: "Grandi figure dell'ottalmologia napoletana dell'800", in: "Bollettino di Oculistica", 1960, vol. 39, pp. 3–22
  • Simond Louis: "Voyage en Italie et en Sicilie", Paris, 1828, pp. 1–435
  • Villani Pasquale: "Il decennio francese" in P. Villani, A.M. Rao (a cura di) Napoli 1799-1815. Dalla Repubblica alla monarchia amministrativa, Napoli, 1995, pp. 181–284
  • Virnicchi Tommaso: "Negrologia del professor Giovan Battista Quadri", Napoli, 1851, pp. 3–8
  • Zazo Alfredo: "L'ultimo periodo borbonico", in AA. VV.: “Storia dell'Università di Napoli”, Napoli, 1924, pp. 552–583

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]