Hammersmith e Fulham
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Mapa | |
|---|---|
Situación dentro do Gran Londres |
|
| Información | |
| Estado | |
| País | Inglaterra |
| Condado | Gran Londres |
| Capital | |
| Superficie | 16.40 km2 |
| Poboación | 169.700 (est. 2010) |
| Densidade | 10.348 h/km² |
| Alcalde | Frances Stainton |
| Web oficial de Hammersmith e Fulham | |
O distrito municipal de Hammersmith e Fulham (en inglés, London Borough of Hammersmith and Fulham) é un distrito (borough) do Gran Londres situado ao oeste de Kensington e Chelsea, ao sur de Brent e ao norte do río Támesis.
Este distrito é o resultado da fusión, en 1965, dos antigos distritos de Hammersmith e Fulham. Era coñecido unicamente como distrito de Hammersmith até 1979, cando o consello do distrito cambia o nome ao actual.
