Illas do Almirantado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa de Papúa Nova Guinea coas illas do Almirantado na parte superior en vermello
Manus é a mais grande das Illas do Almirantado.

As Illas do Almirantado (Admiralty Islands en inglés) é un grupo de 18 illas do arquipélago Bismarck, en Papúa Nova Guinea. Ás veces chamadas Illas Manus, nome da illa maior. As illas forman a provincia Manus. Teñen unha superficie de 2102 km² e 32.713 habitantes. A principal cidade é Lorengau

Historia[editar | editar a fonte]

O arquipélago foi descuberto orixinalmente por Schouten e Le Maire en 1616, antes de que Carteret as volvera a atopar en 1767. En 1781 foi descuberta por Francisco Antonio Maurelle e chamouna "Don José Basco". Ata é posible que foran descubertas por Álvaro de Saavedra, xa en 1529.

As illas foron convertidas en protectorado alemá en 1880 e mandato australiano en 1920.

Os xaponeses ocuparon as illas durante a Segunda Guerra Mundial, en agosto de 1942 estableceron unha pequena base militar preto da vila de Rossum, na illa de Manus.

O 29 de febreiro de 1944 os aliados invadiron as illas durante a Operación Brewer, dirixida polo xeneral americano Douglas MacArthur. Unha vez conquistadas construíron unha gran base militar Seedler Harbour, que tivo gran importancia nas operacións militares en Papúa Nova Guinea e as Filipinas.

Logo da guerra, o grupo de illas foi novamente administrado por Australia e Papua Nova Guinea, o 16 de Setembro 1975 alcanzase a súa plena soberanía.

Hoxe en día, as illas do Almirantado son parte da provincia de Manus, en Papua Nova Guinea.