Foro Asturias
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Foro Asturias é a denominación que utiliza no Principado de Asturias o partido político español Foro de Ciudadanos ou FAC. Foi fundado o 19 de xaneiro de 2011 como unha escisión do Partido Popular do Principado de Asturias. O ex-ministro conservador Francisco Álvarez-Cascos é a figura impulsora desta iniciativa, en resposta á imposibilidade de presentarse como candidato do Partido Popular nas eleccións autonómicas de Asturias de 2011.
