Florence Nightingale

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Florence Nightingale.

Florence Nightingale, nada o 12 de maio de 1820 en Florencia e finada o 13 de agosto de 1910 en Londres, foi unha enfermeira británica famosa por ser a pioneira no tratamento a feridos de guerra, durante a Guerra de Crimea. Tamén contribuíu no campo da estatística, especialmente na creación de sistemas de representación gráfica como o gráfico sectorial (comunmente coñecido como diagrama polar ou Rosa Nightingale).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa familia, rica e ben relacionada, vivía en Florencia, na Italia. Por iso, Florence recibiu o nome en inglés da cidade en que naceu, como a súa irmá máis vella Parthenope nacida en Partenope. Recibiu unha importante formación en humanidades e tamén en matemáticas, aritmética, álxebra, xeometría (o que non resultaba usual no seu tempo) nun primeiro momento dedicase a ensinar estas disciplinas a nenos. Moza brillante e impetuosa, rebelouse contra o papel convencional para as mulleres do seu status, que sería o dunha esposa exemplar, e decidiu dedicarse á enfermaría.

Enfermería[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente, o papel de enfermeira era exercido por mulleres axudantes en hospitais ou acompañando exércitos, moitas veces traballando tamén como cociñeiras e prostitutas. Florence Nightingale estaba particularmente preocupada cas condicións de tratamento médico dos máis pobres e indixentes. Ela anunciou a súa decisión á súa familia en 1845, provocando rabia e ruptura, particularmente da súa nai.

Aparentemente, Florence sufría de esquizofrenia. En decembro de 1844, en resposta á morte dun mendigo nunha enfermaría en Londres, que rematou nun escándalo público, ela foi a principal defensora de mellorías no tratamento médico. Inmediatamente, ela obtivo o apoio de Charles Villiers, presidente do Poor Law Board (Comité de Lei para os Pobres). Isto a levou a ter un papel activo na reforma das Leis dos Pobres, estendendo o papel do Estado máis alén do fornecemento dos tratamentos médicos.

En 1846, visitou en Kaiserwerth ( Düsseldorf) un hospital pioneiro, fundado e dirixido polo pastor Theodor Fliedner, no que prestaban os coidados de enfermaría as Diaconisas de Kaiserwerth, formadas na propia escola do hospital. Nightingale quedou impresionada pola calidade do tratamento médico e polo compromiso e prácticas das diaconisas.

En 1853, asume o cargo de Superintendente no Instituto para o Coidado de Señoras Enfermas en Londres.

Teórica[editar | editar a fonte]

Conseguiu que se reformaran os coidados médicos militares británicos.No ano 1860 funda a primeira Escola de Enfermaría laica, no Saint Thomas Hospital de Londres.

Considerada coma unha das pioneiras da enfermaría moderna, acadando o nivel de profesional. Loitou por fundamentar os coidados en evidencias científicas e por afianzar o corpo de coñecementos dos profesionais da saúde.Creadora do primeiro modelo conceptual da enfermaría. Modelo naturista. Considerase a primeira teórica a partir da que se fundamenta a enfermaría como disciplina académica.

Escritora[editar | editar a fonte]

Ditou conferencias e realizou diversos escritos os máis coñecidos: Notas sobre enfermería. Que é e que non é? en 1859. Notas sobre Hospital. 1859. Notas en cuestións que afectan a Saúde, a Eficiencia e a Administración Hospitalaria do Exercito Británico. Suxestións para pensar para os buscadores das verdades relixiosas. 1860.

Guerra de Crimea[editar | editar a fonte]

A contribución máis famosa de Florence foi durante a Guerra de Crimea, que se tornou o seu principal foco cando os relatos da guerra comezaran a chegar a Inglaterra contando sobre as condicións horríbeis para os feridos. En outubro de 1854, Florence cun equipo de 38 enfermeiras voluntarias educadas por ela, inclusive a súa tía Mai Smith, partiron para Crimea. Faise cargo da organización do hospital de Scutari, mellorando as condicións das instalacións, no que se refire ó amoreamento dos soldados feridos, faia de ventilación, deficientes desaugadoiros e outras cuestións de hixiene e máis da deficiente alimentación que se estaban a dar.

Regreso a Inglaterra[editar | editar a fonte]

Florence Nightingale volveu para Inglaterra como unha heroína en agosto de 1857 e, de acordo ca BBC, era probabelmente a persoa máis famosa da Era Vitoriana alén da propia Raíña Vitoria.

En 1883, a Raíña Vitoria concedeu a Florence Nightingale a Cruz Vermella Real e en 1907 converteuse na primeira muller en acadar a Orde do Mérito.

Estatística[editar | editar a fonte]

Diagrama polar ou Rosa de Nightingale.

Dende moi nova salienta en matemáticas. Aplicou os seus coñecementos estatísticos á epidemioloxía e á estatística sanitaria. Foi innovadora na recolleita, tabulación, interpretación e representación das estatísticas descritivas. Demostrou de xeito practico que a estatística ofrece un marco de organización para controlar e aprender coa finalidade última de mellorar a praxe médica e maila cirúrxica. Desenvolveu unha Formula Modelo de Estatística Hospitalaria, coa finalidade de que nos hospitais se xerasen e recollesen datos e se elaborasen estatísticas consistentes. Idea unha representación gráfica coñecida como Diagrama polar o Rosa de Nightingale.

O diagrama polar Empregouno para representar o número de mortes durante a Guerra de Crimea (1853-1856) Consiste nun círculo dividido en sectores co mesmo ángulo.

Cada sector ten diferente radio en función da casuística. Dentro dun mesmo sector pódense representar varios datos. No gráfico que vemos a dereita da imaxe representa o número de éxitus: nas áreas azuis, os finados por enfermidade infecciosas; nas vermellas, os mortos por feridas; nas negras, os que pasaron por outras causas.

Recoñecementos científico[editar | editar a fonte]

O mundo científico realizoulle varios recoñecementos entre os máis salientables encontramos os seguintes: Primeira muller admitida na Royal Statistical Society Británica en 1860. Membro honorario da American Statistical Association 1874. Recibiu a Cruz vermella do Mérito. A Orde do Mérito Británico.

Dende o ano 1974 celébrase o Dia Internacional da Enfermería, promovido polo Consello Internacional de Enfermaría, celebrase cada 12 de maio, para conmemorar o seu nacemento.

A día de hoxe a súa memoria continúa viva cen anos despois do seu pasamento.

Loitadora nata[editar | editar a fonte]

Florence Nightingale en 1910.

A súa figura ainda a día de hoxe resulta moi controvertida. Sendo una muller vitoriana convencida loitou por librarse do estereotipo do rol feminino. Tamén estivo contra a imaxe caritativa asociada as coidadoras, tendo sempre presente o carácter humano dos coidados. Defendendo así unha profesión emerxente. Se ben é certo que non é unha feminista, temos que enmarcala dentro do contexto social no que se desenvolveu, si contribuíu á causa da emancipación da muller.

Non inventa a enfermaría como profesión, pero o seu traballo, si resulta ser un punto de inflexión na profesionalización da enfermaría moderna e mesmo coloca os primeiros alicerces na consideración dos coidados como unha disciplina.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Nigthingale, Florence. Notas sobre enfermería. Qué es y que no es. Edición en español. Elsevier Masson. Barcelona 1990.
  • Pollard, Eliza. Florence Nigthingale. La amiga del soldado herido. Edición orixinal 1890. Quain,R. Diccionario de Medicina.Edicion 1886. Articulos escritos por Florence Nigthingale.Formación de las enfermeras.Como curar a los enfermos Colegio de Enfermeria de Bizkaia. Academia de Ciencias de Enfermería de BizKaia. Bilbao 2010.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]