Alcalá la Real

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Panorámica da cidade coa fortaleza de la Mota na cima

Alcalá la Real é un municipio do sur de España, pertencente á provincia de Xaén, Andalucía. Está situado a 71 quilómetros de Xaén e a 53 km da cidade de Granada. A súa poboación é de 22.783 habitantes, segundo os datos do INE para o ano 2009. É cabeceira da comarca da Sierra Sur e ubícase no extremo suroeste da provincia, limitando coas provincias de Granada e Córdoba; e cunha superficie de 262,9 quilómetros cadrados.

Historia[editar | editar a fonte]

Alcalá la Real ubícase nunha zona estratéxica que comunica o val do Guadalquivir (a través do río Guadajoz) coas áreas de vega granadinas, a través dos ríos Frailes e Velillos. A súa posición estratéxica, non só sobre o territorio, senón na mesma localización da cidade (sobre o Cerro de la Mota), confírelle unha importancia fundamental en canto ás vías de comunicación ó longo da historia, o cal vén a confirmar a súa importancia cando esta área se convirte en zona de fronteira durante a Idade Media co Reino de Granada.

Advírtese ocupación humana en distintos xacementos do termo municipal desde o Paleolítico e nas fases prehistóricas seguintes coma o Neolítico, o Calcolítico e a Idade de Bronce. Como curiosidade, é probable que esta cidade fora un dos últimos emprazamentos onde habitaron os Neanderthais. Desde o Bronce Final, nas fases ibéricas antigas, aprecianse asentamentos ibéricos de pequeno rango, coma os núcleos de La Gineta y La Mesa de la Ribera Alta. En época romana advírtense as primeiras evidencias de ocupación do Cerro de La Mota, que poden identificarse coma os primeiros restos da propia Alcalá, se ben pode darse o caso de que estas edificacións romanas puideron arrasar os anteriores estratos ibéricos.

En 713, coa conquista musulmana, a cidade pasa a denominarse Qal`at Bani Zayd, isto é, "fortaleza dos Beni Zayd ou fillos de Zayd", ou, abreviadamente, Al-Qal`a, "a fortaleza", do que procede o seu nome actual. Tamén de época musulmá, concretamente do reinado de al-Hakam II (961-976), data a importante rede de atalaias que se erixiron para defender o territorio das devastacións dos normandos que incluso deixaron sentir os seus efectos nesta zona. Hoxe en día aínda subsisten 12 das 15 atalaias orixinais, que establecían un cinto defensivo en torno á atalaia principal de La Mota.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alcalá la Real

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]