Palafrugell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Panorama da localidade de Tamariu

Palafrugell é un municipio e localidade da comarca do Baix Empordà, provincia de Xirona, comunidade autónoma de Cataluña, España.

Ten algunhas calas moi representativas da Costa Brava e dispón dunha tradición gastronómica extensa e dunha riqueza cultural personificada no escritor Josep Pla.

Situado aos pés de les Gavarres, na parte central e máis característica da Costa Brava, accidentado pola proximidade das montañas de les Gavarres e polo macizo de Begur.