Puigcerdà
Puigcerdà é un concello español, capital da comarca catalá da Baixa Cerdanya, na provincia de Xirona. Sitúase na ribeira do río Segre, a uns 1.200 m de altitude, e próxima á fronteira con Francia. Ten unha poboación de 9.365 habitantes (2008).
Índice |
Historia [editar]
A vila foi fundada o ano 1178 polo rei Afonso II de Aragón, Conde de Barcelona, que mandou construír unha cidade sobre unha montaña denominada Cerdà; adquiriu os terreos ao mosteiro de San Miguel de Cuixá, traspasando a capital da Cerdanya desde Hix,unha localidade actualmente francesa. Por un documento do ano 1342 sábese que a muralla que rodeaba a cidade tiña oito portas. Nos anos 1281 e 1309 sufriu uns grandes incendios que causaron grandes danos á cidade, e en 1428 tivo lugar un gran terremoto que destruíu novamente parte da cidade. Ten un gran estanque artificial cuxa concesión para construílo deu o rei Sancho I de Mallorca no ano 1310, e cuxo fin era para o regadío das terras do seu termo.
Lugares de interese [editar]
- Estanque de Puigcerdà
- Torre do Campanario, do século XII. Restos dunha parroquia que foi destruída en 1936.
- Fábrica de Casa Tarradellas
Comunicacións [editar]
Na poboación finaliza a estrada nacional N-152, de Ripoll a Puigcerdà (continuación da C-17).
Liña C3 de proximidade: Barcelona > Vic/Ripoll/Puigcerdà
Personaxes ilustres [editar]
- José Antonio Hermida, ciclista de montaña profesional, medalla de prata en Atenas 2004.
- Joan Freixas, Director da division española de IVAO.