Fernando Pinto do Amaral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFernando Pinto do Amaral
Biografía
Nacemento12 de maio de 1960 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , poeta , crítico literario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 2428945

Fernando José Branco Pito do Amaral, nado en Lisboa o 12 de maio de 1960, é un profesor de Literatura, tradutor e poeta portugués.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É fillo de António Pinto do Amaral (Estarreja, Beduído, 22 de xaneiro de 1910 - Lisboa, 6 de maio de 1977), Médico, e da súa segunda muller Maria Eugénia Rodrigues Branco (Lisboa, 1 de abril de 1927), popular actriz da década de 1940.

Comezou na Facultade de Medicina da Universidade de Lisboa entre 1979 e 1982, mais desistiu do curso en prol das letras. Licenciado en Linguas e Literaturas Modernas e doutorado en Literatura Románica, deu aulas desde 1987 no Departamento de Literaturas Românicas da Facultade de Letras da Universidade de Lisboa.[1]

Ten colaborado nas revistas LER, A Phala, Colóquio/Letras, Relâmpago e fixo crítica literaria nos xornais Público e JL. Traduciu As Flores do Mal, de Baudelaire, e Poemas Saturnianos de Verlaine. Traduciu tamén toda a poesía do arxentino Jorge Luis Borges e a Gabriela Mistral.[2]

En 2009 foi nomeado comisario do Plano Nacional de Lectura, cargo que ocupou até abril de 2017.[3]

Ten unha filla, Laura Maria Pereira Pedrosa Pinto do Amaral (Lisboa, 21 de xaneiro de 1998). É primo irmán do inmunoloxista António A. Coutinho.

Toda a obra de Fernando Pito do Amaral, como poeta, ensaísta e tradutor, xira en torno á melancolía que rodea as vivencias finiseculares, modulada, neste final de século en concreto, pola noción de pos-modernidade, que marca de forma particular o discurso do autor.[4]

En 2002 Luciano Rodríguez coordinou Horizontes poéticos (Xerais) no que incluíu a Alex Susanna, Felipe Juaristi Galdós, Pilar Pallarés, Luis García Montero e Fernando Pinto do Amaral.[5]

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Acédia (1990). Assírio & Alvim.
  • A escaleira de Jacob (1993).
  • Ás cegas (1997). Relógio D'Água.
  • Poesía reunida: 1999-2000 (2000). Dom Quixote.
  • Pena suspensa (2004). Dom Quixote.
  • A luz da madrugada (2007). Dom Quixote.
  • Poemas escolhidos (1990 - 2007) (2009). Dom Quixote.
  • Paliativos (2012). Língua Morta. Antoloxía de poesía.
  • Manual de cardiologia (2016). Dom Quixote.
  • O Terceiro Vértice (2019). Dom Quixote.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • O mosaico fluído: Modernidade e pós-modernidade na poesia portuguesa mais recente: autores revelados na década de 70 (1991). Assírio & Alvim.
  • Na órbita de Saturno: cinco ensaios e uma paráfrase (1992). Hiena.
  • Discurso e imaxes da melancolía na poesía portugesa do século XX (1997). Tese de doutoramento.
  • Antologia Poética de Mário de Sá-Carneiro (2010). Dom Quixote.

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Área de servizo e outras historias de amor (2006). Dom Quixote. Contos.
  • O segredo de Leonardo Volpi (2009). Dom Quixote. novela.

Infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • A aventura no Game Boy (2004). Texto Editores.
  • O Primo Basílio de Eça de Queiroz (2008). Quasi Edições.
  • A miña primeira Sophia (2009). Dom Quixote.

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1998: Premio PEN Club de Ensaio por O Mosaico Fluido — Modernidade e Pós-Modernidade na Poesia Portuguesa Mais Recente.
  • 2008: En Madrid, Premio Goya, na categoría de Mellor Canción Orixinal polo seu Fado da Saudade, interpretado por Carlos do Carmo no filme Fados, de Carlos Saura.[6]
  • As Flores do Mal, de Baudelaire, Premio do Pen Club e Premio da Asociación Portuguesa de Tradutores.
  • 2016: Manual de Cardiologia recibiu o Premio do PEN Clube Português

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biografia - Fernando Pinto do Amaral". escritas.org (en portugués). Consultado o 2020-07-07. 
  2. "Fernando Pinto do Amaral. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-07-07. 
  3. "Diário da República" (PDF). dre.pt/pdf2sdip/2009. 
  4. "Biografia". livro.dglab.gov.pt (en portugués). Consultado o 2020-07-07. 
  5. Susanna, Alex; Galdós, Felipe Juaristi; Pallarés, Pilar; Montero, Luis García; Amaral, Fernando Pinto do; Gómez, Luciano Rodríguez (2002). Horizontes poéticos. ISBN 978-84-8302-781-3. 
  6. "Fernando Pinto Amaral - FLUL Alumni". alumni.letras.ulisboa.pt (en portugués). Consultado o 2020-07-07.