Fernando Lugo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fernando Lugo

Fernando Lugo, nado en San Solano (Paraguai) o 30 de maio de 1951, é un político paraguaio e bispo da Igrexa Católica.

Membro da Alianza Patriótica para o Cambio, foi elixido presidente da República do Paraguai o 20 de abril de 2008, co 40,8 % dos votos fronte o 30,8 % de sufraxios obtidos polo súa principal rival, Blanca Ovelar, da Asociación Nacional Republicana, máis coñecido como Partido Colorado. Poñéndolle fin deste xeito a 61 anos de goberno Colorado[1].

Na altura de se presentar ás eleccións, solicitou da Santa Sede o ser reducido ao estado laico, pero foille negado; por contra a Santa Sede reaccionou suspendéndoo.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixes familiares[editar | editar a fonte]

Este antigo estudante de Socioloxía, durante certo tempo mestre de escola, naceu nunha familia pobre de departamento de Itapúa, na fronteira con Arxentina. Seu tío, Epifanio Méndez Fleitas, grande intelectual, foi un opositor histórico contra o xeneral ditador Alfredo Stroessner (1954–1989). É o máis novo dos seis irmáns dunha familia perseguida sob aquela ditatura. Seu pai foi encarcerado e torturado, o mesmo que tres dos seus irmáns, que tiveron que se exiliar durante máis de vinte anos.

Vida relixiosa[editar | editar a fonte]

Aos 19 anos, con grande dó de seu pai, escolleu ingresar no seminario, en 1971, na comunidade da Misioneiros do Verbo Divino, integrado na Universidade católica de Nosa Señora da Asunción, de Asunción. a capital do país, na que obtivo a licenciatura en Teoloxía. Foi ordenado sacerdote o 15 de agosto de 1977. Como misioneiro, marchou de seguido para Ecuador, traballando alí na provincia de Bolívar até 1982, en contacto con as capas máis desfavorecidas da sociedade. Tal experiencia válelle na actualidade o sobrenome de « bispo dos pobres ».

Expulsado do Paraguai polo réxime de Stroessner, porque os seus sermóns eran cualificados de subversivos polas autoridades ditatoriais, estivo catro anos exiliado en Roma, onde en 1983 estuda Socioloxía (obtendo a licenciatura na carreira, con especialización na doutrina social da Igrexa) e Teoloxía na Universidade Pontificia Gregoriana. Antes de regresar ao seu país, o 17 de abril de 1994, foi nomeado bispo de San Pedro de Ycuamandyyú, na rexión máis pobre do país.

En decembro de 2006, renuncia ao cargo de arcebispo, incompatíbel con a súa militancia política[3]. En consecuencia foi declarado suspenso a divinis polo Vaticano en febreiro de 2007[4]. Conserva, porén, a súa cualidade de bispo consagrado.

Vida política[editar | editar a fonte]

Lugo revelouse á escena política en marzo de 2006, cando en Asunción se puxo á cabeza dunha manifestación para protestar contra Nicanor Duarte, presidente da República en exercicio, que quería presentarse para un segundo mandato, acción prohibida pola Constitución do país.

Tal militancia política levou á ruptura con a hierarquía católica, ao prohibir o dereito canónico o exercicio do poder temporal aos eclesiásticos. Logo de 35 anos de cargos eclesiais, renunciou ao seu arcebispado en decembro de 2006.

Os poderes exercentes tentaron entón de presentalo como un perigoso comunista, parangonándoo con o presidente boliviano, Evo Morales, ou mesmo con Hugo Chavez de Venezuéla. De feito, Lugo pertence á esquerda moderada, e máis se se ten en conta a súa alianza con o partido liberal paraguaio, un partido centrista historicamente, oposto ao partido no poder, mais que non ten nada de revolucionario. Máis que de « esquerdista », Lugo prefire autocalificarse de « progresista ». Declárase próximo do presidente brasileiro Lula.

O nacionalismo económico, a loita contra a corrupción e a reforma agraria constitúen os eixos prioritarios do seu programa.

Parece que recibíu ameazas de morte ao longo do ano 2007. En outubro, anunciouse que se presentaba sob a éxida do Partido Demócrata-cristián de centro. O escrutinio das eleccións tivo lugar en calma, e saíu elixido presidente da República o 20 de abril de 2008.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.galiciae.com/nova/9818.html Fernando Lugo pon fin a 61 anos de goberno conservador en Paraguai
  2. Catholic news service
  3. Voir code de droit canonique, canon 283, § 3: « Está prohibido aos clérigos ostentar cargos públicos que conlevan participación no exercicio do poder civil » ; e Can. 287 - § 2: « [Os clérigos] non tomarán participación activa nos partidos politiques nen na dirección das asociacións sindicais, [...]»
  4. Paraguay: Un évêque candidat à la présidentielle « suspens a divinis », 4 février 2007, Zenit.org