Fernando Fernández de Córdova
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fernando Fernández de Córdova, nado en Bos Aires en 1809 e finado en 1883, foi un militar e político español.
[editar] Traxectoria
Fillo de militar, xunto co seu irmán Luís combateu na Primeira Guerra Carlista. Pertencía ao Partido Moderado. Ascendeu a tenente xeneral en 1847 e foi destinado a Italia para protexer ao papa Pío IX. Ocupou o Ministerio da Guerra e, do 18 de xullo ao 20 de xullo de 1854, foi Presidente do Consello de Ministros en plena crise revolucionaria. A pesares de ser partidario de Isabel II, uniuse ao movemento revolucionario de 1868 que deu ao traste coa Coroa. Novamente foi ministro con Amadeo I de Savoia, pero en 1873 retirouse da vida política.
| Reinado de Isabel II de España | ||
|---|---|---|
Segue a: Luis José Sartorius |
Fernando Fernández de Córdova | Precede a: Ángel Saavedra y Ramírez de Baquedano |
| Presidente do Goberno de España | ||