José Malcampo y Monge
Nome orixinal | (es) José Malcampo Monge | ||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||
Nacemento | 13 de xaneiro de 1828 San Fernando, España | ||||||||||||||||||||||
Morte | 23 de maio de 1880 (52 anos) Sanlúcar de Barrameda, España | ||||||||||||||||||||||
Cargos | |||||||||||||||||||||||
Presidente do Consello de Ministros de España | |||||||||||||||||||||||
Período | 5 de outubro de 1871 - 21 de decembro de 1871 | ||||||||||||||||||||||
Antecesor | Manuel Ruiz Zorrilla | ||||||||||||||||||||||
Sucesor | Práxedes Mateo Sagasta | ||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||
Relixión | católica | ||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||
Lugar de traballo | Madrid | ||||||||||||||||||||||
Ocupación | Mariño e político | ||||||||||||||||||||||
Partido político | Partido Constitucionalista | ||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá | ||||||||||||||||||||||
Carreira militar | |||||||||||||||||||||||
Rango militar | Xeneral | ||||||||||||||||||||||
Outro | |||||||||||||||||||||||
Título | Vizconde Q6000957 Q5781676 Q118215521 | ||||||||||||||||||||||
Lista
|
José Malcampo Monge, nado en San Fernando (Cádiz) o 13 de xaneiro de 1828 e finado en Sanlúcar de Barrameda (Cádiz) o 23 de maio de 1880, foi un mariño de guerra e político español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Dende o seu posto de marino participou na Gloriosa, e, a partir de entón, tomou parte activa na vida política do país. Dentro da súa carreira política, foi nomeado Presidente do Consello de Ministros en 1871 sucedendo a Manuel Ruiz Zorrilla, sendo simultaneamente, responsable dos ministerios da Mariña e de Estado. En realidade, as Cortes Constituíntes déranlle os seus votos maioritariamente a Práxedes Mateo Sagasta, pero este negouse a aceptar o encargo de goberno e preferiu situarse como xefe do partido constitucional, fronte ao radical Ruiz Zorrilla.
O goberno de Malcampo só durou uns meses, pero, tras a súa caída, seguiu ocupando a carteira de Mariña no goberno encabezado por Sagasta. Neste mesmo ano foi nomeado capitán xeneral de Filipinas, onde reorganizou a loita contra os piratas. Fora tamén senador. Tiña os títulos de Marqués de San Rafael, conde de Joló e vizconde de Mindanao.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Malcampo y Monge |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha na web da Presidencia do goberno Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine. (en castelán)
- Ficha no Senado.
Amadeu I de España | ||
---|---|---|
Segue a: Manuel Ruiz Zorrilla |
José Malcampo y Monge | Precede a: Práxedes Mateo Sagasta |
Presidente do Consello de Ministros de España |