Luis José Sartorius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Luís José Sartorius Tapia (Sevilla, 1820 - Madrid, 22 de febreiro de 1871). Conde de San Luís. Xornalista e político español.

De familia de orixe polaca, Sartorius formouse como autodidacta do periodismo, fundando El Heraldo, xornal que se convertiu nun dos esteos do Partido Moderado durante o reinado de Isabel II. Dende as suas páxinas combateu a rexencia de Espartero, o que lle permitiu en recompensa ser elixido Deputado en 1843. Foi Ministro de Gobernación con Ramón María Narváez. Dende este posto controlou os procesos electorais e atribúeselle falsificar moitos dos resultados en distintas elecións mentres que ocupou o cargo, o que lle obrigou a dimitir en 1851.

Foi nomeado Presidente do Consello de Ministros en 1853, en plena crise dos gobernos moderados dende a caída de Juan Bravo Murillo. Tras perder varias votacións no Congreso dos Deputados e no Senado, o 9 de decembro decidiu disolver as Cámaras e gobernar mediante decreto, vulnerando a Constitución de 1845. Neste período iniciou a persecución dos moderados adictos a Leopoldo O'Donnell, así como aos progresistas até a Vicalvarada e con ela, o fin da Década Moderada e o paso ao Bienio Progresista

Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Francisco Lersundi y Hormaechea
Luis José Sartorius
Precede a:
Fernando Fernández de Córdova
Presidente do Goberno de España