Feresa attenuata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Feresa attenuata
Esqueleto de Feresa attenuata
Esqueleto de Feresa attenuata

Comparación do tamaño co dun humano
Comparación do tamaño co dun humano

Estado de conservación
Datos insuficientes
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Superfamilia: Delphinoidea
Familia: Delphinidae
Subfamilia: Globicephalinae
Xénero: Feresa
Gray, 1870 [1]
Especie: F. attenuata
Nome binomial
Feresa attenuata
Gray, 1874 [2]
Distribución de Feresa attenuata

Distribución de Feresa attenuata
Sinonimia
Referencia:>ref name=S/>
  • Delphinus intermedius Gray, 1827
  • Feresa occulta Jones and Packard, 1956

Feresa é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Feresa.

É unha especie pouco coñecida porque se ve poucas veces na natureza, aínda que a súa distribución é ampla e parece que pode encontrarse en calquera lugar do mundo nadando en augas tropicais e subtropicais, sempre profundas.[3]

Até principios dos anos 1950 só era coñecida por dous cranios conservados no Museo de Historia Natural de Londres. Pero en 1954 o cetólogo xaponés Muneasto Yamada publicou un artigo sobre unha "rara marsopa" descubierta polos cazadores de baleas de Honshū dous anos antes.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A primeira descrición da especie foi feita en 1874 por John Edward Gray, que se baseou para facelo nun gravado, e que a denominou Delphinus intermedius. Máis tarde foi reclasificada no xénero Feresa, descrito polo propio Gray catro anos antes, de xeito que na actualidade o seu nome científico válido é Feresa attenuata (Gray, 1874).


Características[editar | editar a fonte]

De corpo robusto, de 2,1 a 2,6 m de lonxitude e un peso entre os 110 e os 170 kg, nos adultos, de coloración escura, que pode variar entre a gris escura ou case negra e a gris apardazada na reción dorsal, máis clara nos flancos e cunha mancha garnde bramca no ventre. A cabeza é moi narredondada, sen bico, e cos labios brancos; algúns individuos poden ter o mento branco. A aleta dordsal é propminente, de forma triangular, co ápixe arredondado e o bordo posterior cóncavo. As pectorais son longas, cos bordos posteriores convexos.[3]

Distribución e poboación[editar | editar a fonte]

A súa distribución non se coñece ben, e os datos dispoñíbeis proceden de lugares moi diseminados por todo o mundo. Viven en augas cálidas e profundas, especialmente nas tropicais, pero ocasionalmente se desvía cara a rexións temperadas cálidas. Observouse con relativa frecuencia no Pacífico tropical oriental, Hawai e Xapón. Non se coñecen migracións, e se cre que viven todo o ano nas zonas en que están ben estudadas, como Sri Lanka, no océano Índico, e a illa de San Vicente no mar Caribe.[3]

Debdo a este descoñecemento, a UICN cualificou o ano 2008 o estado de conservación da especie como "DD" (datos insuficientes).[4]

Comportamento[editar | editar a fonte]

Como quedou dito, é difícil de observar, xa que evita os barcos, aínda que se teñen datos de individuos que saltaban as ondas formadas polas embarcacións. Ás veces víronse algúns espécimes flotando, deixándose ir á deriva, sobre todo en días soleados. É unha nadadora vivaz, e a cabeza adoita saír da auga cando o animal chega á superficie; cando sente algún perigo, salta claramente fóra da auga. As mandas nadan coordinadamente e, en caso de alarma, os individuos reúnense para fuxiren xuntos.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Feresa Gray, 1870 en SIIT.
  2. {http://www.cbif.gc.ca/pls/itisca/next?v_tsn=180461&taxa=&p_format=&p_ifx=&p_lang=es Feresa attenuata Gray, 1874] en SIIT.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Carwardine, M. (1995), pp. 156-147.
  4. Taylor, B. L., Baird, R., Barlow, J., Dawson, S. M., Ford, J., Mead, J. G., Notarbartolo di Sciara, G., Wade, P. & Pitman, R. L. (2008): "Lista vermella" de especies ameazadas da UICN. Varsión 2013.1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Carwardine, M. (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Guía visual de todos los cetáceos del mundo. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-1037-3.
  • Perrin, William F., Bernd Wursig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego, California: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0801882214.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]