Ferécides de Siros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ferécides de Siros

Ferécides de Siros (en Grego: Φερεκύδης) foi un pensador grego activo arredor do ano 550 a.C. Naceu na illa de Siros (unha das Cícladas, a uns 150 km ao Sur de Atenas) na 45ª Olimpíada. Escribiu a Heptamychia, un dos primeiros textos gregos escritos en prosa, que significou un fito importante na transición do pensamento mítico á filosofía dos presocráticos.

Fontes[editar | editar a fonte]

Pouco se sabe da súa vida e da súa obra. Dióxenes Laercio dá diferentes versións da súa biografía e da súa morte. Segundo algunhas fontes foi tio de Pitágoras, aínda que esta afirmación parece unha confusión: a opinión máis estendida é que Zoilo, tío de Pitágoras, lle recomendou a este que estudase con Ferécides, o que coincide coa crenza común de que foi o seu mestre. Tamén está Pitágoras ligado á súa morte, sendo responsábel do seu enterramento en Delos, onde faleceu (de enfermidade ou suicidándose, ainda que tamén se alude a que foi devorado por piollos, no que sería un castigo dos deuses polo seu ateísmo). Dióxenes di tamén que Dúrides de Samos (Santuarios, libro II) afirma que este é o seu epitafio:

Toda a sabedoría está resumida en min.
Mais referidelle ao meu Pitágoras
Que el é o maior dos homes que pisan o solo grego
E eu non digo falsidade ao dicir isto.[1]

Heptamychia[editar | editar a fonte]

Nesta obra, Ferécides mostra o seu pensamento a través de representacións míticas. Aínda que só se conservan fragmentos, pódese estabelecer o seu contido. Aristóteles na súa Metafísica (sección 1091 b 8) caracterizaba esta obra como unha mestura de mitoloxía e filosofía. Segundo Dióxenes Laercio o libro comeza así: "Zeus e o Tempo, e a Terra, existiron eternamente"[2]

Un dos poucos fragmentos que se conservan di: “Zeus, estando a punto de realizar a súa obra demiúrxica, transformouse en amor; tendo composto a orde do mundo a partir dos contrarios, fixo pasar entre eles o acordo e a amizade” [3].

A cosmogonía de Ferécides é unha racionalización da mitoloxía grega. O rei dos deuses non é Zeus senón Zas ("o que vive"). O seu Pai é Chronos ("o tempo") no canto de Cronos, do que xurdiron ar, terra, auga e lume. Chronos e Zas loitaron contra Ophion ou Ophioneus ("O home serpe"), e Zas celebra a súa vitoria tecendo un vestido para Chthonia, que se transforma en Ge ("a superficie da terra").

Hermias explica así a cosmogonía de Ferécides:

Ferécides di que os principios son Zen e Chthonia e Cronos; Zen é o éter, Chthonia a terra e Cronos o tempo; o éter é aquilo que actúa, a terra é sobre o que se actúa, o tempo é no que os eventos suceden.

Pensamento[editar | editar a fonte]

A Ferécides teñen sido atribuídas moitas innovacións no pensamento grego, a maioría delas ligadas ao pensamento oriental, o que levou a suxerir que viaxou a oriente e introduciu en Grecia o que alí aprendeu. Unha das atribucións máis estendidas é a da reencarnación ou metempsicose. [4] o que o liga ao pensamento de Pitágoras e puido ter dado lugar á teoria de que foi seu mestre[5]

Tanto Cicerón como Agostiño de Hipona afirmaban que Ferécides foi o primeiro en defender a inmortalidade da alma.

Ferécides é tradicionalmente considerado o inventor da alegoría[6] aplicándoa a Homero[7] e tamén utilizando a alegoría na súa cosmogonía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dióxenes Laercio: Ferécides VII
  2. "Jupiter, and Time, and Chthon existed externally." The Lives and Opinions of Eminent Philosophers, by Diogenes Laertius, Literally translated by C.D. Yonge. London: Henry G. Bohn, 1853
  3. Hermann Diels, Los fragmentos de los presocráticos. fr. 3
  4. A Byzantine encyclopedia of ancient lore, the Suda, claims that it was Pherecydes of Syros (sixth century B.C.) who introduced the doctrine of reincarnation into Greece. The Origins and Development of Greek Dualism Patrick Lee Miller paxina 16
  5. Ion of Chios wrote that Pherecydes, “even in death has a delightful life for his soul, if indeed Pythagoras was truly wise about all things.”186 Although open to several interpretations, this passage likely means that Pherecydes had been good in this life, and therefore received a delightful afterlife because that is the reward of the good—just as Pythagoras taught. Op. Cit paxina 16
  6. But the practice at any rate in an embryonic form can, I think, be traced back to Pherecydes of Syros. J. Tate (Ver Bibliografía)
  7. We have some report of his comments on two notorious passages of the Iliad (I 590, XV 18).J. Tate, “On the History of Allegorism,” Classical Quarterly 28 (1934): 105-114.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Schibli, Hermann S., Pherekydes of Syros, Oxford 1990.
  • Aristotle, Metaphysics, 1091a29-b 12, citado en Schibli, Hermann S., Pherekydes of Syros, Oxford 1990.
  • J. Tate The Beginnings of Greek Allegory The Classical Review, Vol. 41, No. 6 (Dec., 1927), pp. 214-215.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]