Dióxenes Laercio

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Primeira páxina da edición de 1594 da obra "Vidas e doutrinas dos filósofos ilustres" de Diógenes Laetio, traducida ao latín por Thomas Aldobrandini
Primeira páxina da edición de 1594 da obra "Vidas e doutrinas dos filósofos ilustres" de Diógenes Laetio, traducida ao latín por Thomas Aldobrandini

Dióxenes Laércio ou Diogenes Laertius (en grego Διογένης Λαέρτιος), 200 - 250 historiador e biógrafo dos antigos filósofos gregos. A sua maior obra é Vidas e doutrinas dos filósofos ilustres composta por dez libros que contén relevantes fontes de informacións sobre o desenvolvemento da filosofía grega. O exacto período en que Dióxenes Laertius viveu é descoñecido, mas supostamente foi durante o reino de Septimio Severo e Caracalla.

Non tivo pensamento filosófico propio. Seu obxectivo foi realizar un traballo de fácil comprensión e de divulgación para levar ao coñecimento do grande público as diversas escolas filosóficas gregas.

A parte mais importante de sua obra é o libro X, que é dedicado a Epicuro. Alén da exposición da sua filosofía, o libro ainda presenta tres cartas deste filósofo. Devido o grao de detallamento con que Dióxenes expón a filosofía de Epicuro, moitos acreditan que ele fose adepto das doutrinas epicuristas. Tal feito, contodo, non é recoñecido oficialmente no mundo académico, unha vez que el expresa admiración por moitos filósofos e non menciona as súas preferencias persoais de maneira explícita.

Dióxenes divide os filósofos gregos en dúas escolas, a escola xónica e escola italiana. El considera que a escola xónica provén de Anaximandro de Mileto, e a escola italiana de Pitágoras.

Depois de Sócrates, divide os filósofos xónicos en tres ramos:

A serie de filósofos italianos despois de Pitágoras consiste dos seguintes filósofos:

Telanxes, Xenofonte, Parménides de Elea, Zenón de Elea, Leucipo de Mileto, Demócrito de Abdera, e outros até Epicuro de Samos.

Os seus primeiros sete libros son dedicados aos filósofos da escola xónica; os últimos tres libros aos filósofos da escola italiana.

A obra de Dióxenes é unha grande contribución á historia da filosofía, contendo unha breve introdución sobre a vida e doutrinas da maioría dos filósofos gregos.

Ferramentas persoais