Feiraco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°53′50.44″N 8°42′10.30″W / 42.8973444°N 8.7028611°W / 42.8973444; -8.7028611

Feiraco
Tipo Cooperativa
Fundación 1968
Localización Pontemaceira S/N 15864 Ames A Coruña Galicia Galicia
Fundador Jesús García Calvo
Industria Láctea
Produtos Leite
Produtos lácteos
Penso
Páxina web feiraco.es

Feiraco é unha empresa agrícola galega, fundada en Negreira en 1968. Actualmente as súas instalacións están na Ponte Maceira (Ames). Está xestionada en réxime de cooperativa, desenvolvendo todo o proceso desde a recollida até a comercialización do leite e os produtos derivados. En 2010 tiña unha masa social de 3.560 persoas.

Historia[editar | editar a fonte]

Feiraco, Sociedade Cooperativa Galega foi formada en 1968 por 400 persoas da comarca da Barcala. O rexistrador da propiedade Jesús García Calvo, impulsor do proxecto, foi elixido primeiro presidente, cargo que ocupou até 2008, ano en que o sucedeu o gandeiro de Olveira (Dumbría) José Antonio Casais.

En 1970 construíuse unha fábrica de pensos propia, e ao ano seguinte iniciouse a recollida e comercialización do leite. En 1974 foi unha das primeiras empresas en introducir en España o sistema UHT de envasado.

En 2011 creou a marca Unicla, vinculada ao selo Galega 100% promovido pola Xunta de Galiza que identifica o leite de orixe galega. Esta marca recibiu o primeiro Premio Europeo á Innovación Cooperativa. Recentemente recibiu o distintivo de Igualdade na Empresa pola súa política de responsabilidade social, e foi distinguida como «empresa socialmente responsable.

Entre 2011 e 2012 lidera o proceso de adquisición, xunto a outras nove cooperativas galegas integradas en ACOLACT, da planta de CLESA en Caldas de Reis. Este proceso foi apoiado pola Xunta de Galiza a través do IGAPE, e culminou coa sinatura formal das escrituras de compra o 19 de xullo de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]