Galicia Calidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Galicia Calidade é unha marca de garantía promovida pola Xunta de Galicia. Dita marca exhíbese en multitude de produtos locais, principalmente alimenticios, mediante un característico e publicitado logotipo co fin de acreditar a súa calidade e promocionalos fóra de Galicia.[1] A empresa pública Galicia Calidade S.A, dependente da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, encárgase da xestión e control da marca de garantía a aquelas empresas que a obtiveron.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ""Galicia Calidade" ultima un plan para ganar peso" (en castelán). El País. 22 de febreiro de 2002. http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Galicia/Calidade/ultima/plan/ganar/peso/elpepiautgal/20070222elpgal_12/Tes. Consultado o 23 de abril de 2011. 
  2. "Galicia Calidade, líder de las Marcas de Garantía" (en castelán). ABC. 25 de xullo de 1998. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]