Faro das illas Lobeiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°52′50″N 9°11′08″O / 42.880616, -9.185478

Datos xerais
Localización xeográfica Illas Lobeiras
Faro das Ilas Lobeiras en A Coruña
Faro das Ilas Lobeiras
Faro das Ilas Lobeiras
Localización municipal Carnota, provincia da Coruña
Construción 1909
Datos técnicos
Código internacional 03920 D-1756
Descrición Torre octogonal branca, casa
Altura sobre o nivel do mar 15,78 metros
Altura sobre o terreo 7,78 metros
Características GpD (5) B 15 s
Período 5 + 1,5 + 0,5 + 1,5 + 0,5 + 10,5 = 15 s
Alcance 9 millas náuticas

O faro das illas Lobeiras, tamén coñecido coma faro de Corcubión, é un faro galego situado no concello de Carnota, na provincia da Coruña. Está situado nas illas Lobeiras, un conxunto de illotes de forma trapezoidal de 250 metros e longo e 75 de largo.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1904 apróbase o proxecto do enxeñeiro Antonio Herbella para a construción dun faro na Lobeira Grande, adxudicándose os traballos ao contratista José Mª Parga na cantidade de 50 680 pesetas.

As obras comezan en 1906, nun principio o proxecto contemplaba unha torre metálica, pero despois decidiuse substituíla por outra de pedra para evitar a corrosión. Inaugurouse o 15 de setembro de 1909.

Características[editar | editar a fonte]

O faro caracterízase por ter unha planta rectangular que posúe dous niveis, un superior e outro inferior. O nivel inferior está constituído por varios muros inclinados para ofrecer maior resistencia aos temporais.

O faro ten unha altitude 16 metros, e na súa parte máis elevada atópase a lanterna, cun aparello de 4º orde e 250 mm de distancia focal. O seu alcance é de nove millas. Construído directamente sobre as rochas, os muros da primeira planta inclínanse con derramo cara aos alicerces e opoñen á forza das augas unha anchura de 1,10 m. Os muros da segunda planta son verticais e forman un ángulo que protexe a entrada.

A torre troncopiramidal de sección octogonal é de cantería e remata nun torreón cilíndrico de chapa. Mira cara ao norte, en dirección ao faro de Fisterra, do que depende. A súa lanterna é de montantes verticais e cristais curvos. Emite un grupo de fulgores brancos cada catorce segundos.

Ao principio estaba ao seu coidado un torreiro, que obrigatoriamente tiña que residir na illa. Pero ante o perigo do lugar decidiuse suprimir esta residencia obrigada, montando unha nova instalación o 10 de agosto de 1924.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]