Nesgo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
En estatística e epidemioloxía, un nesgo é un erro que aparece nos resultados dun estudo debido a factores que dependen da recolleita, análise, interpretación, publicación ou revisión dos datos que poden conducir a conclusións que son sistematicamente diferentes da verdade ou incorrectas acerca dos obxectivos dunha investigación. Este erro pode ser sistemático ou non, e é diferente ao erro aleatorio.
No deseño e elaboración dun estudo de investigación en clínica, pode haber distintos tipo de nesgos
- Nesgo de selección: Grupos non comaparables debido a como se elixiron os pacientes ou suxeitos.
- Nesgo de Información: Grupos non comparables debido a como se obtiveron os datos.
- Nesgo de confusión: Existe unha mestura de efectos debido a unha terceira variable (variable de confusión).
- Nesgo retrospectivo.