Post hoc ergo propter hoc

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Post hoc ergo propter hoc (en latín, despois diso, e polo tanto causado por iso) é o nome dunha falacia lóxica, que consiste na idea de que dous eventos que ocorran en secuencia cronolóxica están necesariamente interligados a través dunha relación de causa e efecto. A súa forma básica é a seguinte:

  1. Cando o evento A acontece, axiña o evento B tamén ocorre.
  2. Xa que logo, o evento B é causado polo evento A.

Un exemplo sería:

O galo sempre canta antes de espontar o sol. Daquela, o sol esponta porque o galo canta.