Exodus International

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exodus International
Tipoorganización sen ánimo de lucro e organización cristiá
Data de fundación1976
Data de disolución2013
Director/aAlan Chambers
SedeOrlando
EnOrlando
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://www.exodusglobalalliance.org/
editar datos en Wikidata ]

Exodus International foi [1] un dos grupos máis grandes de persoas ex-gais. Fundada en 1976 como unha organización cristiá sen ánimo de lucro que, cos seus ministros locais totalmente autónomos, máis de 120 nos Estados Unidos e o Canadá, e máis de 150 ministros noutros 17 países; daban apoio para o que chamabamn "liberación da homosexualidade", ben sexa coa abstinencia, "diminuíndo os niveis de tentacións homosexuais, fortalecendo os sentidos de identidade masculina e feminina, corrixindo estilos distorsionados de relacionarse con membros do sexo oposto". Defendían, pois, o uso da terapia de reorientación sexual. O grupo tiña publicacións mensuais, organizaba conferencias e posuía servizo por Internet. O seu último presidente de Exodus foi Alan Chambers.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2013. Consultado o 20 de xuño de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]