Eurypegasus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eurypegasus pailio

Eurypegasus é un xénero de peixes actinopterixios da orde dos gasterosteiformes, un dos cous comprendidos na familia dos pegásidos.[1][2][3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi desrito en 1863 polo naturalista, anatomista comparativo e ictiólogo neerlandés, experto no estudo comparado dos peixes, Pieter Bleeker.[1][2][3]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamé polos sinónimos:[1]

  • Europegasus (erro gramatical)
  • Surypegasus (erro gramatical)
  • Zalises Jordan & Snyder, 1901

Especies[editar | editar a fonte]

No cénero recoécense as seguientes dúas especies:[1][2][3]

Distribución[editar | editar a fonte]

As días especiés distribúense pola rexión Indo-Pacífica, desde o mar Vermello até Suráfrica,[4] nas illas Marquesas e da Sociedade, e desde o norte do Xapón até o sur de Australia e en toda a Micronesia.[5]

Características[editar | editar a fonte]

De cores diversos, o corpo é xeralmente de marrón claro a escuro, coa zona dorsal e as laterais máis escuras que a ventral. As aletas pectorais son hialinas, coa marxe distal branca e manchada. A espiña da aleta pelviana e o seu 1º raio forman unha estrutura tentacular alongada. Teñen tres pares de placas corporais dorsolaterais; catro pares de placas ventrolaterais. Presentan un par de fosas profundas posteriores á órbita, a plataforma suborbital é cóncava, os ollos son visíbeis en vista ventral.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Eurypegasus Bleeker, 1863 no WoRMS. Consultado o 7 de abril de 2022.
  2. 2,0 2,1 2,2 Eurypegasus Bleeker, 1863 no GBIF. Consultado o 7 de abril de 2022.
  3. 3,0 3,1 3,2 Eurypegasus Bleeker, 1863 na BioLib. Consultada o 7 de abril de 2022.
  4. Smith, M. M. (1986): "Pegasidae", p. 443. En M. M. Smith & P. C. Heemstra, eds. Smiths' sea fishes. Berlín: Springer-Verlag. ISBN 978-3-6428-2858-4.
  5. 5,0 5,1 Eurypegasus draconis (Linnaeus, 1766) Arquivado 06 de decembro de 2020 en Wayback Machine. en FishBase.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliograrfía[editar | editar a fonte]

  • Palsson, W. A. & Pietsch, T. W. (1989): "Revision of the acanthopterygian fish family Pegasidae (order Gasterosteiformes). Indo-Pacific Fishes 18: 1038.
  • Nelson, J. S. (2006): Fishes of the world. 4ª edición. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-0-4712-5031-9.

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.