Erich von Manstein

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Erich von Manstein nado en Berlín o 24 de novembro de 1887 e finado o 9 de xuño de 1973 en Irschenhausen, foi un xeneral alemán que salientou pola súa habelencia estratéxica na Segunda Guerra Mundial

Inicios[editar | editar a fonte]

Con 13 años, en 1900, alístase no 3.° Rexemento de Granadeiros da Garda Prusiana. Aos 16 anos ingresa na Academia Militar de Plöen, onde acada o grao de Alférez, especializándose en táctica militar.

Primeira Guerra Mundial[editar | editar a fonte]

En 1914, forma parte del 2.º Rexemento de Granadeiros e loita na Fronte Occidental na Batalla do Marne, onde cae gravemente ferido.

Restablecido, en maio de 1915 foi adscrito como oficial de Estado Maior no exército dirixido polo Xeneral von Gallwitz en Polonia e en Serbia. Posteriormente, foi destinado ao Cuartel Xeneral do XII Exército (agosto de 1915), do XI Exército durante a batalla de Verdún e do I Exército durante a Batalla del Somme. En outono dese ano, foi xefe de Operacións da 4.ª División de Cabalería en Curlandia (Estonia) e, en maio de 1918, exerceu o mesmo posto na 213.ª División de Infantería de Asalto no Oeste.

Segunda Guerra Mundial[editar | editar a fonte]

En 1938, participa na anexión dos Sudetes. En 1939, foi xefe de Estado Maior do xeneral Gerd von Rundstedt, participando no planeamento da invasión de Polonia. Erich von Manstein ideou o golpe da fouce que rompeu a fronte aliada na Batalla de Francia e provocou o colapso dos exércitos anglo-franceses. A invasión de Bélxica e Holanda polos exércitos de Fedor von Bock atraeu aos exércitos aliados e, tal como propuxera von Manstein, os exércitos de von Rundstedt penetraron a través dos bosques das Ardenas, xulgados como impenetrables. Isto permitiu coller a aqueles de costas coa velocidade característica da guerra lóstrego.

Na invasión alemá da Unión Soviética salienta primeiramente no avance fulgurante ata Leningrado. Ao pouco tempo, confíanselle os exércitos encargados de facerse con Crimea. Ocupou a práctica totalidade da península e sitiou Sebastopol. A dura resistencia desta cidade prolongouse ata 1942. Cando, por fin, tomou a cidade, foi nomeado mariscal de campo. En novembro dese ano, foi posto á fronte do grupo de exércitos do Don, coa tarefa de desbloquear o exército de von Paulus, atrapado en Stalingrado. Chegou a estar a só 50 quilómetros da cidade, pero von Paulus, carente de subministracións non o conseguiu. Isto provocou a súa retirada cando os rusos desencadean o seu contraataque.

Pese a opinión contraria de Adolf Hitler á retirada, von Manstein organizou unha defensa elástica que conseguiu salvar importantes unidades e debilitar o avance ruso. Isto permítelle un rápido reagrupamento e contraataque, que culminou coa reconquista da estratéxica cidade de Jarkov. Deste xeito, a catástrofe de Stalingrado non provocou o colapso da fronte alemá no sur, senón que este mantivo solidez e operatividade ata o punto de presentar no verán de 1943 unha colosal batalla en Kursk. Esta supuxo enormes perdas por ambas partes, e desencadeou unha nova retirada ordenada de toda a fronte alemá. Finalmente, Hitler prescindiu dos seus servizos

Post Guerra[editar | editar a fonte]

Acusado de crimes de guerra e crimes contra a humanidade en Núremberg, foi condenado a 18 anos de prisión. Aos 4 anos foi liberado e pasou a asesorar ao exército aliado ante a ameaza soviética durante a Guerra Fría e axudou a reconstruír o exército da República Federal Alemá.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]