Enterococcus faecalis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enterococcus faecalis
Enterococcus faecalis SEM 01.png
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Firmicutes
Clase: Bacilli
Orde: Lactobacillales
Familia: Enterococcaceae
Xénero: 'Enterococcus'
Especie: ''faecalis''
Nome binomial
''Enterococcus faecalis''

Enterococcus faecalis é unha especie de bacterias Gram positivas comensais, que viven no tracto dixestivo dos humanos e outros mamíferos e aves. Antes clasificábanse como parte do Grupo D dos Streptococcus, polo que antes de 1984 E. faecalis denominábase Streptococcus faecalis.[1] [2] Como outras especies do xénero Enterococcus, E. faecalis pode causar infeccións en humanos que poden chegar a ser mortais, especialmente no ambiente hospitalario (infección nosocomial), onde os altos niveis naturais de resistencia a antibióticos de E. faecalis contribúen á súa patoxenicidade.[2] E. faecalis encóntrase con frecuencia en raíces de dentes que foron tratados odontoloxicamente entre o 30% e o 90% dos casos.[3][4]

O hábitat normal da especie é o tubo dixestivo de animais de sangue quente. Son indicadores de contaminación fecal, polo que a súa presenza nos alimentos indica en xeral falta de hixiene ou defectuosas condicións de conservación.

Fisioloxía[editar | editar a fonte]

E. faecalis é unha bacteria inmóbil, anaerobia facultativa, que fermenta a glicosa sen producir gas, e é catalase negativa. Pode producir unha reacción de pseudocatalase feble se se cultiva en ágar sangue. Reduce o leite de tornasol, pero non licúa a xelatina. O seu crecemento en caldo nutriente é consistente con ser anaerobia facultativa. Cataboliza unha variedade de fontes de enerxía como carbohidratos, glicerol, lactato, malato, citrato, arxinina, agmatina, e moitos cetoácidos. Os enterococos sobreviven en ambientes moi hostís como a pHs extremadamente alcalinos (9,6) e altas concentracións de sal. Resiste aos sales biliares, deterxentes, metais pesados, etanol, azidas, e a desecación. Pode crecer entre 10 e 45°C e sobrevive durante 30 minutos a 60°C. Como son moi resistentes a condicións adversas (conxelación, desecación, tratamento térmico, etc.) son bos indicadores para valorar as condicións hixiénicas e de conservación dos alimentos conxelados e desecados.

Patoxénese[editar | editar a fonte]

E. faecalis pode causar endocardite e bacteremia, infeccións do tracto urinario, meninxite, e outras infeccións en humanos.[5][6] Pénsase que ten varios factores de virulencia que contribúen ás súas infeccións. Unha hemolisina codificada nun plásmido, chamada citolisina, é importante para a patoxénese en modelos animais, e a citolisina en combinación con altos niveis de resistencia á xentamicina está asociada con quintuplicar o risco de morte por bacteremia en humanos.[7][8][9] Un factor chamado "substancia de agregación" codificado nun plásmido é tamén importante para a virulencia en modelos animais da infección.[8][10]

Resistencia a antibióticos[editar | editar a fonte]

E. faecalis é resistente a moitos axentes antimicrobianos comúns (aminoglicósidos, aztreonam, cefalosporinas, clindamicina, as penicilinas semisintéticas nafcilina e oxacilina, e trimetoprim-sulfametoxazol)[11] [12]. A resistencia á vancomicina estase facendo máis común.[13][14] Opcións de tratamento para E. faecalis ressitente á vancomicina son o linezolid e a daptomicina, aínda que é preferible a ampicilina en caso de que a bacteria sexa susceptible a ela.[15] A quinupristina/dalfopristina poden utilizarse para tratar Enterococcus faecium pero non E. faecalis.[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Schleifer KH; Kilpper-Balz R (1984). "Transfer of Streptococcus faecalis and Streptococcus faecium to the genus Enterococcus nom. rev. as Enterococcus faecalis comb. nov. and Enterococcus faecium comb. nov". Int. J. Sys. Bacteriol. 34: 31–34. DOI:10.1099/00207713-34-1-31.
  2. 2,0 2,1 Ryan KJ, Ray CG (editors) (2004). Sherris Medical Microbiology (4th ed.). McGraw Hill. pp. 294––5. ISBN 0-8385-8529-9.
  3. Molander A, Reit C, Dahlen G, Kvist T: Microbiological status of root-filled teeth with apical periodontitis, Int Endod J 31:1, 1998
  4. Rocas, IN, Siquiera JF, Jr., Santos KR: Association of Enterococcus faecalis with different forms of periradicular diseases, J Endod 30:315, 2004.
  5. Murray, BE. (Jan 1990). "The life and times of the Enterococcus.". Clin Microbiol Rev 3 (1): 46–65. PMID 2404568.
  6. Hidron AI, Edwards JR, Patel J, et al. (November 2008). "NHSN annual update: antimicrobial-resistant pathogens associated with healthcare-associated infections: annual summary of data reported to the National Healthcare Safety Network at the Centers for Disease Control and Prevention, 2006-2007". Infect Control Hosp Epidemiol 29 (11): 996–1011. DOI:10.1086/591861. PMID 18947320.
  7. Huycke, MM.; Spiegel, CA.; Gilmore, MS. (Aug 1991). "Bacteremia caused by hemolytic, high-level gentamicin-resistant Enterococcus faecalis.". Antimicrob Agents Chemother 35 (8): 1626–34. PMID 1929336.
  8. 8,0 8,1 Chow, JW.; Thal, LA.; Perri, MB.; Vazquez, JA.; Donabedian, SM.; Clewell, DB.; Zervos, MJ. (Nov 1993). "Plasmid-associated hemolysin and aggregation substance production contribute to virulence in experimental enterococcal endocarditis.". Antimicrob Agents Chemother 37 (11): 2474–7. PMID 8285637.
  9. Ike, Y.; Hashimoto, H.; Clewell, DB. (Aug 1984). "Hemolysin of Streptococcus faecalis subspecies zymogenes contributes to virulence in mice.". Infect Immun 45 (2): 528–30. PMID 6086531.
  10. Hirt, H.; Schlievert, PM.; Dunny, GM. (Feb 2002). "In vivo induction of virulence and antibiotic resistance transfer in Enterococcus faecalis mediated by the sex pheromone-sensing system of pCF10.". Infect Immun 70 (2): 716–23. PMID 11796604.
  11. Juan Silva A., Leyla Asserella R., Nury Bolados G., Nelson Herrera H. y Johanna Leyton O. Resistencia a antimicrobianos en cepas de Enterococcus sp aisladas en hospitales del norte de Chile. Rev Chil Infect 2006; 23 (3): 226-231. [1]
  12. Tremblay CL, Letellier A, Quessy S, Boulianne M, Daignault D, Archambault M. Multiple-antibiotic resistance of Enterococcus faecalis and Enterococcus faecium from cecal contents in broiler chicken and turkey flocks slaughtered in Canada and plasmid colocalization of tetO and ermB genes. J Food Prot. 2011 Oct;74(10):1639-48. doi: 10.4315/0362-028X.JFP-10-451. PMID:22004810. [2]
  13. Amyes SG (May 2007). "Enterococci and streptococci". Int. J. Antimicrob. Agents 29 Suppl 3: S43–52. DOI:10.1016/S0924-8579(07)72177-5. PMID 17659211. http://linkinghub.elsevier.com/retrieve/pii/S0924-8579(07)72177-5.
  14. Courvalin P (January 2006). "Vancomycin resistance in gram-positive cocci". Clin. Infect. Dis. 42 Suppl 1: S25–34. DOI:10.1086/491711. PMID 16323116. http://www.journals.uchicago.edu/doi/abs/10.1086/491711?url_ver=Z39.88-2003&rfr_id=ori:rid:crossref.org&rfr_dat=cr_pub%3dncbi.nlm.nih.gov.
  15. 15,0 15,1 Arias, CA.; Contreras, GA.; Murray, BE. (Jun 2010). "Management of multidrug-resistant enterococcal infections.". Clin Microbiol Infect 16 (6): 555–62. DOI:10.1111/j.1469-0691.2010.03214.x. PMID 20569266.